Desde o @ppdebetanzos rexistramos unha moción para instar ao goberno local a arranxar as filtracións de auga cara aos rochos de edificios do Paseo da Galera, das que se queixan os veciños e que, supostamente, estarían motivadas pola deficiente impermeabilización da beirarrúa.
O Concerto Cidade de Betanzos celebrado onte na igrexa de Santiago foi un espectáculo extraordinario. Parabéns á Coral Polifónica de Betanzos, á Agrupación Carlos Seijo e á Banda Municipal de Música do Concello de Betanzos.
Os edís @ertsistemas, Maria Garcia Costoya e Araceli Lopez Cotos acudiron hoxe á entrega de premios da XVIII Bienal Internacional de Pintura Balconadas de Betanzos e non desaproveitaron a ocasión para felicitar e facerse unha foto coa gañadora do primeiro premio, Isabell Seidel.
Arrincando a semana, deixo por aquí a ligazón da canle de Youtube do @ppdebetanzos por se vos apetece ver a conversa completa que mantiven con @valentin_garci na ribeira do río Mandeo.
https://t.co/4NS2qWY4bx
Unha vez pasado o instante histórico da eclipse solar, toca volver centrarse na actualidade local. Desde o @ppdebetanzos vimos de solicitar a convocatoria dunha comisión informativa para abordar a regulación das Vivendas de Uso Turístico (VUT).
"Un cambio necesario" é o título da conversa mantida por @Cecivazsuarez con @valentin_garci na ribeira do río Mandeo. Moi recomendable se a queres coñecer máis na súa faceta máis persoal e se queres estar ao tanto da actualidade da política municipal.
https://t.co/bqmMqa3SXx
Sempre é un pracer conversar con @valentin_garci e aínda máis se podemos facelo sen présa, na ribeira do Mandeo e a carón dos viñedos da IXP Viños da Terra de Betanzos.
Como cada 25 de xullo, hoxe é un día moi especial no que debemos sentirnos orgullosos da Galicia que estamos a construír entre todos. Hoxe tócanos celebrar os nosos valores, a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade. Feliz Día de Galicia!
Desde o @ppdebetanzos esixímoslle ao goberno local que poña luz e taquígrafos sobre a situación do Complexo San Roque, cando se van cumprir xa dous meses desde que acordaran deixar o futuro destas instalacións en mans dunha empresa madrileña de recente creación.
A desidia do goberno local coa falta de mantemento e conservación na contorna do porto clama ao ceo. Só hai que dar un paseo por alí para ver coches abandonados, varandas rotas e que supoñen un perigo para as persoas, pintadas, falta de limpeza, etc.
O @ppdebetanzos non podía faltar á multitudinaria VIII Romaría do Pino organizada onte por @acorunapp para deixar claro que queremos cambio: en España e tamén en Betanzos.
Hay personas que forman parte de nuestra historia desde el principio. Mari es una de ellas. Desde los inicios, siempre comprometida, siempre presente. Hoy cumple un año más y desde el @ppdebetanzos le deseamos un feliz cumpleaños. ¡Un abrazo enorme, Mari!
Hoy me hubiese encantado estar en la Romería do Pino compartiendo una jornada tan especial con tantos compañeros y amigos, pero me tocó verla desde casa, cuidándome de un buen catarro y preparando el cuerpo para la operación del próximo martes.
Tan só tres días despois de que a alcaldesa utilizara o Debate sobre o Estado do Municipio para vendernos un Betanzos idílico e sen ningunha autocrítica, aquí chega un novo baño de realidade: agora recoñece un millón de € de facturas de 2025 sen pagar.
https://t.co/s7whpIpAEY
Pretenden vendernos unha visión idealizada de Betanzos, con grandes proxectos e novas promesas para buscar titulares nos medios, pero son incapaces de facer un mínimo de autocrítica. E así nos vai.
O Debate sobre o Estado do Municipio volveu evidenciar onte a desconexión do goberno local e da alcaldesa coa realidade da rúa e coas necesidades da veciñanza no día a día. Por iso, onte volveron recibir un claro suspenso de todos os grupos da oposición.
A pasada fin de semana visitamos Piadela para insistir nunha demanda histórica da veciñanza, como é a mellora da seguridade vial na estrada provincial DP-0810 coa construción dunha senda prometida en innumerables ocasións pero que segue sen materializarse.
A Xunta de Galicia segue a cumprir con Betanzos, neste caso no eido da vivenda. A conselleira @MMAllegue visitou onte a nosa cidade para entregar as chaves de dúas novas vivendas en alugueiro para menores de 36 anos rehabilitadas no centro histórico co Programa Rexurbe.
Este era onte o estado do río Mandeo á altura da depuradora municipal por un verquido de augas fecais. Desde o @ppdebetanzos solicitámoslle ao goberno local que actúe con dilixencia para identificar a orixe e as causas do verquido e para tratar de minimizar o dano medioambiental.