Pode haber en Galicia sobremesa más tradicional nestas datas? No que non hai discusión é en que están boísimas 😋 as roscas das panadarías da #Praza.
📝Mañá, día de Xoves Santo, abrimos. Planifica as túas compras nestes días festivos.
https://t.co/16gB249dts
Ovos de chocolate, cestos, roscas... tedes xa todo disposto para agasarllar os afillados nesta Pascua? Axudámosvos na #Praza .
Lembrade que o Mercado abre o Xoves Santo.
Sabemos que vos gustan os sabores tradicionais e tamén que vos sorprendan 😋 sen renunciar á mellor materia prima nin ás elaboracións artesás.
Na #Praza atoparedes hamburguesas 🍔 de grelos deshidratados, de chourizo ou de croca. Xa probaches todas as variedades❓
Na #Praza atoparás produtos de primeira calidade. Para comezar a Semana Santa, tes moitas opcións.
Nós propoñémosche unha receita de rape con bacon e risotto de menta.
Tamén podes preguntar no teu posto de confianza por outras opcións.
https://t.co/6QlRo1eawg
Como quen non quere a cousa, xa estamos en Semana Santa.
As nosas paisanas enchen a #Praza estes días de feixes de oliveira 🌿 e de palmas🌴 para celebrar o Domingo de Ramos.
Non vas vir buscalos?
📌 A #Praza, hoxe.
Xa chegarón os primeiros pementos e patacas 🥔 de Vilagarcía.
🐟 E tamén temos xarda, empeza a temporada de bocarte e están no seu mellor momento os peixes planos 😋!!
Falamos do porco 🐷 , da matanza, do cocido, do lacón... e como non dos chicharróns⁉️ Na #Praza garantimos frescura e calidade.
E, para probalos dun xeito diferente, deixámosche esta receita de chicharróns con arroz e mexillóns de La Cocina de Frabisa 👉 https://t.co/xJsFA434pY
Dámoslle a benvida a Petiscos doces‼️ 🙋♀️
Nela atoparedes larpeiradas e tortas de 'chuches' para aniversarios 🎂 e festas. Tamén tabletas de chocolate ou bombóns con envoltorios moi divertidos de deseño propio para facer un agasallo 🎁 diferente.
📝 Apuntade para este Día do Pai.
Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa son os catro queixos 🧀 galegos con denominación de orixe. Cal prefires?
Todo o sabor de Galicia atoparalo na #Praza.
https://t.co/2G9jVthHwM
Cando se fala de saborear 😋 Galicia, fálase da nosa #Praza.
Grazas pola oportunidade de formar parte deste vídeo 🎥 da campaña Vive o Rural, nominado aos premios Mestre Mateo na categoría de mellor vídeo publicitario.
Parabéns 🎉 e sorte 🍀!!!
https://t.co/ELpsSrU07L
Mantedes o costume de non comer carne nos venres de Cuaresma? Fagádelo ou non, o potaxe de bacallau 🐟 con garavanzos e espinacas é todo un clásico desta época.
Na #Praza temos todo o que precisas para facer os teus mellores platos.
https://t.co/x4CAcyxr2A
Unhas mancheas de grelos ou uns repolos. Pero tamén acelgas, espinacas, pementos 🌶 ou cenorias 🥕. As verdulerías da #Praza presumen cada día do produto autóctono e de calidade.
Usades o microondas só para quencer? El Comidista danos unhas ideas para sacarlle moito máis partido.
Aínda que, como ben sabes, o secreto para todo plato de dez sempre está en que o produto sexa da #Praza 🔝.
https://t.co/nBUh47TR5J
"𝐓𝐞𝐫 𝐮𝐧 𝐩𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐧𝐚 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐞𝐫𝐚 𝐮𝐧 𝐬𝐨𝐧̃𝐨". Agradecémoslle estas palabras a 𝐃𝐚𝐯𝐢𝐝 𝐒𝐮𝐞𝐢𝐫𝐨, 𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐝𝐨𝐫 de @galocelta. Os ovos das súas galiñas poñedoras, os "máis caros do mundo", son moi cobizados entre grandes chefs. https://t.co/JqSLOvPckc