Velaquí un resumo do traballo de fototrampeo no Xistral que tiñamos pendente dende hai tempo. Trátase de imaxes de diferentes especies de mamíferos e aves a través do paso das estacións pola serra.
Agardamos que vos guste!
PD: Vídeo completo aquí ⬇️
https://t.co/x1ryHSf3Fy
Dende REBINXE queremos desexarvos a todos e todas unhas Boas Festas e unha boa entrada no 2026. Que o novo ano nos inspire a seguir defendendo o noso territorio e protexendo a biodiversidade. Porque coidar a natureza é tamén coidar o futuro. 🌿🦊🌳🦉✨
Nas zonas onde comparten hábitat co lobo existe unha relación estreita entre ámbalas dúas especies, onde os raposos aproveitan as capturas dos lobos para complementar a súa dieta.
Hoxe, 9 de marzo, celébrase o Día do Naturalismo Galego. Nesta destacada xornada amosámosvos unhas fermosas imaxes dun raposo (Vulpes vulpes) coa súa presa, unha cría de corzo.
A pesar de ser capaces de capturar presas coma esta, os raposos dependen principalmente de pequenos vertebrados e restos de presas doutros depredadores, aínda que a súa dieta é moi variada.
Conversamos sobre a etoloxía e distribución das greas de cabalos, aprendimos a identificar algúns rastros de lobo e mesmo nos deu tempo a descubrir que se agochaba dentro dunha das cámaras de fototrampeo que tíñamos instaladas na serra!! ⛰🐾🐺🐴
Dende REBINXE queremos desexarvos a todos e todas unhas Boas Festas e unha boa entrada no 2025. Que o novo ano veña cargado de saúde, felicidade e de biodiversidade nos nosos montes!⛰️🐗🌱🐺🌸🦉🌺🐐🌼🐿️
É por este motivo que en ocasións esta orde é empregada en estudos científicos e técnicos para avaliacións ambientais sobre o estado dos espazos ou posibles impactos nos mesmos.
Os cabaliños do demo son uns insectos pertencentes á orde dos odonatos, que moi frecuentemente son confundidos coas libélulas. A diferencia destas, os cabaliños do demo caracterízanse por presentar as ás aliñadas ao abdome en descanso e os ollos considerablemente separados.
Ademais, por norma xeral, a presenza destes insectos indica unha boa calidade ambiental, pois acostuman ser sensibles á contaminación da auga ou á eliminación de vexetación acuática ou riparia.
Por outro lado, estes depredadores foron e son un motor evolutivo con influenza directa tanto en adaptacións fenotípicas coma no comportamento das distintas especies de hervíboros das que se alimenta.
Hoxe, 13 de agosto, celebramos o Día Internacional Do Lobo. Aproveitamos este sinalado día para recordar as distintas funcións ecosistémicas que fan deste animal un piar imprescindible na natureza.
Ademais disto, os lobos ofrecen un saneamento e control sanitario no ecosistema. Ao depredar sobre especies silvestres, contribúen a frear a expansión de enfermidades que poden supor un perigo para a viabilidade e a saúde das comunidades de hervíboros e, por ende, para a gandería
Primeiras horas da mañá e nas cámaras de fototrampeo atopámonos ante exemplares de lobo que voltan ao seu refuxio para descansar e retomar forzas. Neste caso observamos un grupo de 3 lobos encabezado pola femia reprodutora.