Xa temos preparado o programa do Día das Letras Galegas 2026 dedicado a Begoña Caamaño.
📅 15 de maio
🎭 Teatro, lecturas, música, baile e actividades arredor da súa figura e da súa obra.
🎶 Actuación musical de Xosé Constenla inspirada nos artigos xornalísticos de Begoña Caamaño
📚✨ Este curso 2025/2026 no CIFP Portovello seguimos apostando pola innovación, a formación e a lingua galega.
Ao longo deste curso estamos a desenvolver diferentes proxectos:
🔹 GalegoPro: O galego como ferramenta profesional
🔹 PFFP – IA xerativa ao servizo do galego na FP
Mañá acompañarannos no III Encontro “Empresas en Galego” profesionais de primeiro nivel do ámbito da comunicación, do deseño, do audiovisual, do márketing e da educación en galego.
Grazas por formar parte desta iniciativa e por poñer en valor o galego no ámbito profesional 💙
Mañá celebraremos no CIFP Portovello o III Encontro “Empresas en Galego”, unha actividade moi especial para nós, pensada para achegar ao alumnado experiencias reais de uso da lingua galega no ámbito profesional. Porque o galego tamén crea, comunica, emociona, educa e conecta💬💙
O EDLG do CIFP Portovello convoca unha nova edición dos premios aos mellores proxectos fin de ciclo redactados e defendidos integramente en galego.
Unha iniciativa coa que queremos seguir impulsando o uso da nosa lingua, así como recoñecer ao alumnado que aposta polo galego.
Que vos pareceron os calendarios e marcapáxinas deste curso?
Begoña Caamaño acompañounos durante todo o curso e, a través destas pequenas creacións, puidemos achegarnos un pouco máis á súa figura e á súa obra.
Unha homenaxe para seguir mantendo viva a súa voz e as súas palabras.
Recordade que os xoves nos recreos seguimos coas clases de baile tradicional… e nunca é tarde para anotarse!💙
E lembrade tamén que hai máis propostas!
Pandeireta → martes nos recreos
Grupo de neofalantes → luns nos recreos
Animádevos a participar!
🏆 Xa temos gañadora do VIII Certame “Contra a violencia, hai esperanza”!
✨ Uxía Moreno Arias (1º APSD) co microrrelato “Arco da valentía”.
📖 Un relato que nos convida a reflexionar sobre o valor de ser quen somos e a facer fronte á intolerancia e á violencia.
👏 Parabéns! 💙
O alumnado de 1º de Educación Infantil e Ander, alumno de Animación Sociocultural e Turística, fixeron unha versión de Negra sombra en homenaxe a Rosalía. 💙 Grazas polo esforzo e por compartir este momento!
#RosalíadeCastro#RedeGueando#EDLG#CIFPPortovello#biblio_ebap
Tivemos a sorte de contar no centro coa escritora Arancha Nogueira, que impartiu o relatorio “Escribir,ler e outras formas de estar no mundo”. Falounos de Rosalía, de por que escribir na nosa lingua e descubriunos un novo xeito de escribir e de ver a poesía. Encantounos! Grazas💙
Rosalía en modo escape room🌹🗝
O alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística deseñou e puxo en marcha un escape room rosaliano… e o resultado foi espectacular 👏
💙 Unha actividade creativa, participativa e ademais integramente en galego!
#RosalíaDeCastro#Galego
📖🌹 Rosalía entrou nas nosas aulas 🌹📖
Durante estes días a súa poesía foi soando en cada clase, creando un espazo para escoitar, sentir e compartir a nosa literatura en galego.
👏 Grazas ao alumnado voluntario
✨ Tatiana, África e Adrián,
por poñerlle voz aos versos de Rosalía
📢 ATENCIÓN EQUIPOS FINALISTAS
Antes de competir:
👀 Mirade o vídeo
📋 Revisáde as instrucións de cada xogo
⏱️ Organizade as quendas
Ir preparados/as pode marcar a diferenza na clasificación final! 🏆
💙 Xogamos en galego, xogamos en equipo, xogamos coa tradición.
Homenaxe a Rosalía de Castro 🌹
Febreiro énchese de poesía, lectura e pensamento en galego no noso centro.
Ademais, teremos o pracer de contar coa escritora Arancha Nogueira, que nos acompañará cun relatorio moi especial.
Consultade toda a programación no cartel e… participade!