A @uvigo acolleu esta semana un encontro no que se reuniu talento investigador emerxente en eficiencia enerxética e sustentabilidade chegado desde as universidades de Vigo, @UnivBurgos e Euskal Herriko Unibertsitatea.
➡️https://t.co/fgmiO4jBHK
#duvi#uvigo#marcamosadiferenza
O @cinbio_uvigo, centro de Investigación da @uvigo, desenvolve un proxecto para fomentar a innovación, a transferencia e o emprendemento no ámbito académico. Empren+AP conta coa colaboración de GAIN e cofinanciado pola @FECYT_Ciencia.
➡️ https://t.co/44C8s3xnI3
#duvi#uvigo
António Nóvoa convértese no 32º doutor honoris causa da @uvigo reivindicando unha educación para a liberdade e a esperanza no futuro. O solemne acto de investidura tivo lugar este mércores no campus de Ourense
➡️https://t.co/m2YZJqyQL2
#duvi#uvigo#marcamosadiferenza
O catedrático de Enxeñaría Telemática da @uvigo Enrique Costa Montenegro é o único candidato a substituír a Rebeca Díaz á fronte da dirección da @EETelecoVigo. As eleccións serán o luns 22 de xuño.
➡️ https://t.co/Be74izsJOQ
#duvi#uvigo#marcamosadiferenza
O CEIP Espiñeira de Aldán foi galardoado nos Premios Nereida, que recoñecen os mellores proxectos de alfabetización oceánica desenvolvidos nos centros educativos galegos. 25 Escolas Azuis participaron nun encontro en Redeiras, na @uvigo.
➡️ https://t.co/39Z3mDzpD0
#duvi#uvigo
Un programa de exercicio con realidade virtual mellora a capacidade funcional en menores sometidos a tratamento oncolóxico, segundo un estudo realizado por investigadores da @uvigo e do @IISGaliciaSur, xunto co Hospital Álvaro Cunqueiro.
➡️https://t.co/4yQICPN87C
#duvi#uvigo
A @uvigo, Coren e Sertogal poñen en marcha unha unidade mixta de investigación para mellorar a sostibilidade e calidade da avicultura de carne galega. Sostenave conta cun orzamento de 4,4 millóns de euros e está financiada pola Xunta
➡️ https://t.co/22zgqIrfOf
#duvi#uvigo
O @CIM_Uvigo e a Ecimat da @uvigo celebraron o seu aniversario enfrontando os retos de futuro do océano, nun acto celebrado este mediodía en Toralla, que contou coa asistencia de máis dun cento de persoas.
➡ https://t.co/3NXhpAlg4o
#duvi#uvigo#marcamosadiferenza
A investigadora da @uvigo María Mayán, do @cinbio_uvigo, acaba de recibir en Barcelona a VIII Bolsa FERO en Cancro de Mama, unha axuda dotada con 100.000 euros destinada a impulsar proxectos innovadores no ámbito da oncoloxía.
➡️https://t.co/AJQQ6Kt9pl
#duvi#uvigo
Os reitores da @uvigo e da @UDC_gal e a reitora da @UniversidadeUSC manifestan o seu apoio ás persoas delegadas na CiUG na PAU 2026 a través dun comunicado feito público este mediodía.
➡️https://t.co/1EkBkiCOcp
#duvi#uvigo#marcamosadiferenza
Unha trintena de estudantes participa nun programa internacional da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense @uvigo sobre xestión do enoturismo. Ao longo da semana visitan a Ribeira Sacra, O Ribeiro e norte de Portugal
➡ https://t.co/niBE0MUr8F
#duvi#uvigo
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais é o obxectivo do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participa a @uvigo e que este martes constituía o seu comité de dirección na @depo_es.
➡️https://t.co/oh9fYrW33E
#duvi#uvigo
A investigadora da @uvigo e do @cintecx Lucía Díaz, distinguida nos Premios RAGC-UIE pola súa contribución ao avance científico en Galicia. Especializada na dixitalización da contorna construída, obtivo o accésit en Ciencias Técnicas.
➡️ https://t.co/mFjAukUKac
#duvi#uvigo
A inesquecible estrea da Orquestra da @uvigo. A formación musical debutou nun auditorio do CSM de Vigo practicamente cheo e, baixo a dirección de Raquel Carrera, interpretaron obras de Haydn, Mozart, Bartók e Rossini.
➡️ https://t.co/H86heiHTy6
#duvi#uvigo#marcamosadiferenza
Non se presentan candidaturas ao decanato da Facultade de Dereito do campus de Ourense @uvigo Nestes casos o equipo saínte segue en funcións ata unha nova convocatoria electoral
➡️ https://t.co/uvr06BrUtY
#duvi#uvigo#marcamosadiferenza
A @uvigo e a Fundación Ángeles Terrazo inician a súa colaboración cunha mostra da ilustradora Carla Fernández. Os responsables de ambas institucións asinaron un convenio este xoves. A exposición pode visitarse no edificio Redeiras.
➡️ https://t.co/48QXR69EFv
#duvi#uvigo
A Facultade de Educación e Traballo Social da @uvigo pon en marcha un programa universitario de liderado social. Con el fomentará iniciativas de aprendizaxe-servizo, voluntariado, solidariedade e sostibilidade.
➡️https://t.co/6oTFDL6TiQ
#duvi#uvigo#marcamosadiferenza
Docentes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da @uvigo amosaron que a asistencia ás clases prácticas ten un efecto directo no rendemento académico, nun estudo no que analizaron as cualificacións de 471 estudantes.
➡️https://t.co/kVaY2gaeM7
#duvi#uvigo
A @uvigo capta máis de 900.000 euros para o desenvolvemento de seis novos proxectos de Proba Concepto. A maioría das propostas nacen de liñas de traballo do @cintecx.
➡️ https://t.co/hrUefmCMWc
#duvi#uvigo#marcamosadiferenza
🌱 Our commitment to quality is increasingly intertwined with social responsibility, helping to drive sustainable development and reduce society’s environmental impact.
#SomosUVigo#XeraciónUVigo#MarcamosADiferenza