O Grândola do Ano Castelao no Muriel
Montaxe da celebración do 25 de Abril de 2025, sexta feira, no noso instituto, onde cantamos o Grândola, vila morena do Zeca Afonso. SEMPRE ABRIL! 🌹https://t.co/5slYPLGMB0
Velaquí a nosa axenda semanal na que ten moito protagonismo o matemático Rodriguez, homenaxeado no Día da ciencia en Galicia cunha exposición e un acto conmemorativo. Destaca tamén a nosa xornada que analiza os emigrantes que retornan a Galicia.
Máis info 🧵
📣 Gran a gran sementamos a ciencia do futuro! 👩🔬👨🔬
O alumnado do @IES Félix Muriel de Rianxo converteuse en 👉 científico por un día para recoller as mostras inaugurais do noso pioneiro Banco Nacional de Areas de Praia. 🏖️
Para comezar xullo nada mellor que ver a entrevista que As Xornalistas do Muriel lle fixeron a Pauliña, unha voz singular dentro do panorama musical galego da que coñeceremos como foi a súa traxectoria e como afronta o futuro persoal e profesional. https://t.co/jwG0JZ321v
As Xornalistas do Muriel, Claudia G. e Sonia M. conversan coa grande influenciadora @SaraSecoRial que nos conta como chegou a ser unha referente da cultura galega nas redes, como está a ser a súa experiencia e a lectura que fai do panorama cultural galego. https://t.co/Jnzw9FsikT
As Xornalistas do Muriel nunha entrevista moi interesante falan con @Mondra_gz do seu pasado musical, do seu presente e de como observa o panorama da música galega actual. 📷 https://t.co/AvSciNjmIm
Aquí tedes 'Heroínas anónimas' unha curtametraxe arredor de mulleres cotiás, verdadeiras heroínas anónimas, realizada polo alumnado do grupo de traballo EKOS, para o 8M24. Ies Félix Muriel BiblioMuriel Rianxo #8m#8demarzo#rianxo#muller https://t.co/bxGbHOAE6y
O alumnado do grupo Ekos de 2º de bacharelato comezou os seus relatorios sobre o 8M nas aulas de ESO. Así acheganlle ao alumnado coñecemento sobre a orixe e importancia desta data e a razón de ser que ten na actualidade. 💜💜💜
@ies_felixmuriel@BiblioMuriel#8m#8marzo#rianxo
O Día da Lingua Nai presentamos o Certame Cousas, un certame artístico e literario en lembranza de Castelao, un dos escritores máis representativos da literatura galega. Convidamos a participar neste certame o alumnado de
ESO, Bacharelato e FP de toda Galicia. @ies_felixmuriel
Noelia, Antía, Uxía e Paula, ex alumnas do Ies Félix Muriel, participaron, en condición de relatoras, nas Xornadas da Muller organizadas pola @CIGEnsino e a @asocpedagoxica, para presentar o Glosario violeta, resultado do seu labor hai dous cursos no grupo feminista e do ENL. 📷
No IES Félix Muriel comezamos a semana da Igualdade, camiño ao 8M, entre poetas e músicas nos recreos e con charlas d@s maiores a@s máis pequen@s.
Ademais están convocando a toda a comunidade á Mani dos mandís que se desenvolverá o venres a partir das 12:00h. Quedades invitad@s!
O 5/1/1974 morre José Suárez, fotógrafo recoñecido internacionalmente.
No ano 1936 a produtora cinematográfica Cifesa encárgalle un filme documental sobre os mariñeiros. Empeza a rodar Mariñeiros, acompañando coas súas fotografías, mais o golpe de estado varreu con todo.->
No cruceiro norte da catedral de Ourense, na porta de subida á torre, enfronte da capela do Santo Cristo, atópase o que é un dos programas iconográficos máis enigmáticos da arte medieval galega. Unha batalla iniciática que abraia.