Levo moito tempo fóra das redes, mais hoxe chegáronme moitas mensaxes por aquí... así que moitas grazas a tod@s! Certamente, hoxe foi un día especial para min. Despois de sete anos de traballo defendín a miña tese de doutoramento e foi un orgullo facelo tan ben acompañado.Grazas!
@AnibalGarzon Moitos parabéns Aníbal e boa entrada de ano! Gústoume moito o libro. Moi didáctico (e moi necesario). En 2025 ademais da árbore, vai pensando na segunda parte porque isto dos BRICS vai moi rápido (afortunadamente 😉)
Hoxe pecho unha etapa. Foi unha honra e, para min unha gran responsabilidade, formar parte da dirección do BNG durante todos estes anos. Seguirei, como militante de base, contribuíndo no q poida a este gran proxecto colectivo q é o BNG. Moitísima sorte e acerto á nova dirección!
💙🤍Beti bezala, pozgarria eta ohorea da Galizian egotea @obloque batzarrean @ealkartasuna ordezkatzen.
Escoitou a @anaponton : "non hai nada máis revolucionario que chegar ao goberno".
Grazas compañeiros!
Todas as causas xustas son a nosa causa. Somos a forza da xustiza social, da defensa da terra, da igualdade e os dereitos, da cultura, a ciencia e a lingua... Somos o BNG e, contigo, imos facer que Galiza gañe!
#CoaTúaForzaGalizaGaña#BNG18AN
Os Bolechas e máis eu, damos por inagurado o @culturgal 2024 😜 Se podedes, non deixedes de vir. Todo o mellor da cultura dun gran país ao alcance da man!
PD: e non deixedes de doar a vosa voz no posto do @proxectoNos
📆#NunDíaComaHoxe de 1922 tiña lugar en Sobredo a matanza acometida contra as labregas que protestaban polo xuízo dun veciño ao negarse a pagar os foros.
No 100 aniversario repasábamos con Xosé Manuel Suárez Estévez este episodio da nosa historia.👇
https://t.co/yFYMpYFu5i
Non co noso voto ‼️
A Comisión🇪🇺 vótase hoxe, a señora von der Leyen e o Colexio de Comisari@s non vai contar co noso apoio nin o a da Alianza Libre Europea/ALE. Non podemos apoiar a quen destrúe os sectores produtivos galegos, promove a austeridade e avala o xenocidio en Gaza
▶️ BNG propón 25 medidas para combater a violencia machista nun #25N que non pode converterse nunha efeméride baleira
▶️ Aumentar os recursos e as axudas ás vítimas, reforzar a rede pública na loita contra esta violencia e a educación en igualdade
#NaWeb
https://t.co/cFr6NTKfQT
Importantísima vitoria do @Frente_Amplio. @OrsiYamandu será o novo Presidente do Uruguai.
Gañaron as clases populares uruguaias. Perdeu a oligarquía e o neoliberalismo.
Quen anunciaba o inicio dun ciclo regresivo en toda América Latina, que agarde un pouco😉
Adiante!🇺🇾✊✌️
Moita sorte desde Galiza a @OrsiYamandu, candidato do @Frente_Amplio ás eleccións deste domingo no Uruguai. Sería unha excelente nova para Uruguai e para toda América Latina!
Moita forza ao pobo uruguaio co que tantas cousas nos unen aos galegos e galegas!✊✌️🇺🇾
#OrsiPresidente
Hoxe, representei por última vez a @obloque, nun acto fóra de Galiza. Foi un pracer facelo en Euskal Herria xunto a bos amigos e amigas e acompañando a @ehbildu nunha impresionante manifestación en Bilbo.
Eskerrik asko!
Gora Herria!✊️✌️
#NazioaGara
O 12/8/2025 cumpriranse 50 anos do asasinato de Moncho Reboiras polo franquismo. De cara a preparar o aniversario as fundacións @galizasempre, @iterraetempo e @FMonchoReboiras xunto a un grupo de camaradas q partillaron militancia con el, impulsamos isto👇
https://t.co/VHkaiRe3uZ
Un pracer participar, en representación da Fundación @galizasempre, na constitución da Comisión Organizadora dos actos conmemorativos do 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras q terán lugar ao longo de 2025.
Moncho Reboiras, sempre na nosa memoria e na nosa acción🌀✊️!
Acábame de chegar a casa una agasallo q me fai especial ilusión: o último libro d @albertbotran sobre un tema q nos apaixoa aos dous e do que tivemos ocasión de compartir mesa de debate hai pouco. Desexando comezar a lelo. En breve, poderei corresponder eu igualmente😉Gràcies✊️
Onte, en Ares, tiven ocasión de dar unha nova charla sobre o modelo de financiamento das CC.AA. no estado 🇪🇸 e sobre a proposta de Concerto Económico q defende @obloque para Galiza. Hoxe toca en Betanzos xunto a @MeliXanro, voceira d @BNGBetanzos, no antigo matadorio, ás 20:00h.