🔵 RENOVACIÓN
O futuro do lateral dereito teucrista ten nome propio: Roi González seguirá con nós na 2026/27.
Chegou en 2022 e non parou de crecer. Progresión e lanzamento exterior para marcar a nova xeración azul.
Seguimos medrando xuntos 💙
#SDTeucro#Renovación
🔵 RENOVACIÓN
Miguel Monteagudo continuará no Teucro na 2026/27.
Desde alevín ata o primeiro equipo. De garantía defensiva a protagonismo en ataque. Referente da canteira azul.
Todo o que queremos que siga sendo o Teucro. Orgullo azul 💙
#SDTeucro#Renovación
🔵 RENOVACIÓN
Pablo González continuará baixo os paus do Teucro na tempada 2026/27.
Porteiro con experiencia contrastada, que seguirá achegando seguridade, talento e calidade á portería azul.
Felices de contar cun dos mellores 💙
#SDTeucro#Renovación#Balonmán
Grazas, Milucho 💙
Tras 7 tempadas na SD Teucro, Emilio Pintos “Milucho” pecha etapa no club.
Grazas polo traballo, compromiso e paixón dentro e fóra da pista. Sorte nos teus próximos proxectos.
#SDTeucro#SempreAzuis
Parabéns a @ebalentxi6 por conquistar a EHF European League 🏆
Sempre é unha alegría ver triunfar a quen formou parte da familia teucrista e comprobar o lonxe que pode chegar unha carreira construída con talento, traballo e compromiso, exemplo para tantas xeracións de xogadores💙
🔵 RENOVACIÓN
Daniel Pintus continuará na SD Teucro na tempada 2026/27.
Un dos nosos capitáns, referencia no vestiario e sobre a pista, seguirá aportando liderado, compromiso e experiencia ao proxecto azul.
Encantados de seguir contando contigo, capitán 💙
#SDTeucro#Renovación
🔵 RENOVACIÓN
Iam Cabanelas continuará coa familia azul na 2026/27 e pasa a formar parte do primeiro plantel.
Máis dunha década sendo azul e unha gran tempada no filial antes de dar o salto.
Sempre un dos nosos 💙
#SDTeucro#Renovación#Balonmán
🔵 FICHAXE
Álvaro García León, novo xogador da SD Teucro para a 2026/27. 💙
Pivote procedente do Agustinos Alicante e formado no BM Guadalajara, con experiencia en ASOBAL e internacional base.
Benvido, Álvaro! 🔥
#SDTeucro#Fichaxe#Balonmán
RENOVACIÓN 🔵
Iago Rivas continuará na SD Teucro unha tempada máis.
Velocidade, desborde e crecemento constante para seguir reforzando a banda dereita azul.
Moi felices de que sigas un ano máis na familia teucrista💙
#SDTeucro#Balonmán
🔵FICHAXE
Dani López, novo xogador da SD Teucro para a tempada 2026/27.
Extremo dereito procedente do AD Carballal, formado no Cisne BM e con experiencia en ASOBAL e División de Honor Prata, chega para aportar o seu pulso diferencial dende o extremo.
Benvido, Dani 💙
GRAZAS, SERGIO. GRAZAS, RIKKI.
Sergio Blond deixa Pontevedra por estudos, pero a súa casa non se move. Aquí estaremos sempre.
Rikki, grazas por volver vestir estas cores co mesmo compromiso e profesionalidade nesta segunta etapa.
Sempre azuis 💙
#SDTeucro#Balonmán
🔵 RENOVACIÓN
Rhuan Marchette continuará defendendo as cores do Teucro na 26/27.
Intensidade, carácter e coraxe para seguir sendo unha peza fundamental da nosa identidade na pista.
Moi felices de que sigas na familia azul 💙
#SDTeucro#Balonmán
Campioas de Europa @AtleticoGuardes 🏆
Dende a SD Teucro queremos felicitar ao Mecalia Atlético Guardés por un logro que xa forma parte da historia do noso deporte.
Por todas as mulleres e rapazas que soñan cun balón nas mans.
Parabéns, campioas!
#EuropeanCup#BalonmánGalego
🔵RENOVACIÓN
Martín González continuará unha tempada máis na familia azul da SD Teucro.
Do balonmán base ao primeiro equipo. Sempre, un dos nosos.
Orgullo azul💙
#SDTeucro#Balonmán
O @PontevedraCFSAD xógase entrar na fase de ascenso tras unha tempada espectacular na Primeira Federación.
Desde a SD Teucro, todo o noso apoio ao granate nun día clave para a cidade.
🏟️ Pasarón · 🕡 18:30 ⚔️ Pontevedra CF vs Real Avilés
Unha cidade. Un obxectivo. ❤️💙
Xoel Martínez, novo xogador da SD Teucro para a 2026/27.
Extremo esquerdo do Carballal, con paso por Luceros e Balonmán Ribeiro.
Velocidade e gol para a segunda liña.
Talento en progresión que chega para marcar diferenzas.
Benvido, Xoel 💙
#SDTeucro#Balonmán