Aquí tedes un troglodita todo contento por gañar a súa primeira partida [53 puntazos] ao curriñísimo #Everdell de @StarlingGames (editado en castelán por @MalditoGamesES)!
Fun ver The Rise of Skywalker coa mesmiña energy que me levara o día anterior a quitar os puntos no Clínico: a certeza de que non vai ser agradable pero a ver se rematamos con esta trapallada xa de vez.
@LaBirgisdottir Nunca me sentira representado capilarmente polos Clicks até hoxe, que descubrín que teño pelo de torturado pola policía de Playmobil. :_
Derradeira do ano, derradeira da década, derradeira (cruzade os dedos) desde o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a lista de Decembro saiuvos a min: soul do norte, vibes riquiños e tupé agreste! https://t.co/yyomEK6jw8
Este ano propúxenme retomar e cumprir coas playlist do mes. As cancións que descubro ou redescubro, que levo á ducha, nas orellas cando paseo, e aos coches da xente cando me deixan. Aquí, a de Xaneiro. https://t.co/MlnaSEEUVG
Fiel ao meu compromiso mensual coa sabrosura, aquí tedes a lista de Novembro, un amuleto de elegancia, punkismo e SOUL para gardarnos en tempos perralleiros: https://t.co/BX3RvY1h51