E as primeiras funcións no outono de MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA serán no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Que luxo!
Entradas en: https://t.co/3MOycx2ZCY
O domingo 28 de agosto ás 20:30 h andaremos pola costa lucense co espectáculo A PARÁBOLA DO ANGAZO. Será nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, Barreiros.
O vindeiro xoves 18 de agosto estaremos na Mostra de teatro galego de Cariño.
Será co espectáculo MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA ás 22:15 h.
Deixámosvos aquí o programa: https://t.co/muUmTIQ2BJ
Este venres, 15 xullo, ás 22.30 h participamos no Ciclo de Perto, organizado polo concello do Barco de Valdeorras, co espectáculo A PARÁBOLA DO ANGAZO que terá lugar no Xardín da Casa Grande de Viloria. A esa hora seguro que refresca!!
Volvemos ás Noites Teatrais de Vilamarín!!! Desta volta co espectáculo MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA, que terá lugar no Auditorio Municipal o mércores 13 de xullo ás 21.30 h
Despois da estrea... haberá que pasar pola casa!
MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA esta fin de semana en Boiro e Cee.
-Venres 25 ás 21 h na Casa de Cultura de Boiro.
-Sábado 26 ás 20 h na Casa da Cultura de Cee (venda de entradas a partir das 18.30 h)
Pasaremos lista!
E chegou o día!
Recordade que estreamos hoxe, venres 11 ás 20:30 h MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Mañá, sábado 12, recuncamos!
Estamos a un mes da estrea de MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA.
Lembra!!! O venres 11 e sábado 12 de marzo no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Entradas á venda na web https://t.co/bDRBXLSC7U
Este venres 11 estaremos na Casa da Cultura de Bertamiráns co espectáculo A PARÁBOLA DO ANGAZO ás 20:30 h. As entradas están xa á venda na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Despois non digas que non te avisamos!
Pois xa tivemos a primeira xuntanza de MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA.
Afrontamos o novo ano cun proxecto ilusionante.
Aproveitamos para desexarvos boas festas e moito teatro no 2022!!!
Desde TALÍA TEATRO queremos mostrar o pesar polo falecemento de Adela Turin, persoa comprometida coa coeducación e igualdade, e autora dos textos que nós levamos a escena baixo o título ‘Rosa caramelo e outras historias’. Grazas polo legado que nos deixas!