Tempos Novos e Tempos Dixital abandonan a rede social X ao constatar que a plataforma propiedade de Elon Musk vén de converterse nunha caixa de resonancia de fake news e discursos de odio. Esta é, xa que logo, a nosa última publicación nesta rede social.
https://t.co/8Qhh2ukE2m
A comisión parlamentar sobre contratación pública sanitaria da Xunta, as desavinzas e reconciliacións de PP e DO, o investimento en atención primaria e a sentenza sobre os bens do Pazo de Meirás ocupan o De sete a sete da semana que remata.
https://t.co/l8V8VyZb3I
A revista TEMPOS NOVOS nº330 (novembro 2024) leva á súa portada a alarma xerada pola perda de galegofalantes. Unha progresiva substitución do galego polo español que pon de manifesto a falacia do "bilingüismo cordial". É o tema central, pero hai máis.
https://t.co/R9imGX0n4m
O futuro do galego está en perigo. Expertos en distintos ámbitos avalían a saúde do galego a propósito dos resultados da "Enquisa estrutural a fogares, coñecemento e uso do idioma galego".
https://t.co/b0NGWjiFgC
A actualidade en Galicia deixa un premio nacional para Manuel Rivas, a continuación do xuízo polo crime de Samuel Luiz ou a folga na CRTVG.
https://t.co/c7cmXRHoVl
A reforma do sistema de elección e das atribucións do consello da RTVE e o anteproxecto de reforma de medios públicos de Galicia poñen en risco a independencia dos medios.
https://t.co/9NOmDWWlu9
Julen Rekondo, experto en temas ambientais e Premio Nacional de Medio Ambiente, comparte unhas reflexións urxentes sobre o desastre climatolóxico que vén de acontecer no levante peninsular, nomeadamente na Comunidade Valenciana.
https://t.co/RQh3c6rY3L
Se hai un asunto que asegura titulares en Galicia é o “aldraxismo”, esa tendencia á mecha curta dun país agraviado. E para aldraxismo, a cuestión do tren, en calquera das súas variantes, dende os seus inicios en España hai xa máis de 150 anos.
https://t.co/gSX8XbdQ4C
A semana que remata deixa tres políticos enfadados en Galicia. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda e os alcaldes de Vigo e Ourense, Abel Caballero e Gonzalo Pérez Jácome.
Ademais, arrincou o xuízo polo asasinato homofóbico de Samuel Luiz na Coruña.
https://t.co/wRvRn63Msb
O director da revista Tempos Novos, Luís Álvarez Pousa, vén de recibir o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo. O xurado salienta no seu fallo, entre outros aspectos a súa longa e intensa traxectoria e o seu compromiso co xornalismo cultural.
https://t.co/42hViUO87b
O libro en galego vive nunha situación de grande debilidade a pesar do éxito de autoras e autores a nivel estatal. Voces autorizadas do sector editorial galego analizan os causas desta situación nun amplo informe para Tempos Novos e Tempos Dixital.
https://t.co/GZOc7QSfPO
O número de outubro de TEMPOS NOVOS xa está dispoñible en https://t.co/KxqZ11yMMQ
Visítanos. Se estás subscrit@ a TEMPOS NOVOS e te rexistras non terás que agardar máis para ler o informe sobre o sector editorial galego que protagoniza este número.
https://t.co/FzkV68tOkt
Tempos Novos 328 | Set. 24
[DOSSIER] PANDEMIA DIXITAL
O número de setembro de Tempos Novos aporta vías de reflexión e debate sobre o poder das grandes empresas e plataformas que colonizan internet. Tamén dispoñible para subscritor@s en Tempos Dixital.
https://t.co/kTVnb9WhsH
O número 328 de Tempos Novos (setembro 2024) xa está nos puntos de venda habituais. Por suposto, tamén en https://t.co/KxqZ11yMMQ para subscritores e subscritoras.
Consulta o sumario completo en https://t.co/KxqZ11yMMQ
https://t.co/EQpO4kTVwi
Dobre protagonismo da cidade da Coruña nesta semana: un, pola folga na recollida de lixo; outra, pola designación de Riazor como unha das sedes do Mundial 2030. Pero houbo máis.
https://t.co/GWS3pIzWBI
Unha multitude de columnistas revólvense estes días nun afán por defender non o dereito á información que mandata a Constitución, senón os intereses das empresas que lles dan de comer.
https://t.co/svxggGVafx
No De sete a sete da semana, entre outros temas: a ruptura de pactos VOX-PP, os problemas xudiciais de Baltar e a Eurocopa, desde a polémica pola (non)instalación da pantalla na Praza Roxa compostelá até o bo facer da galega Vero Boquete como comentarista
https://t.co/rg8hdQCt6z
As librarías enchéronse nos últimos meses de novidades. Conflúen ademais nos andeis algúns dos nomes máis importantes do universo literario galego contemporáneo. Eis as propostas de Manrique Fernández para un verán de interesantes lecturas.
https://t.co/Bluv7u3vMH