🐾 Polly e Kennedy buscan fogar 🐾
Son dous pequenos atigrados que buscan familia. Son moi riquiños, moi bos e encántalles estar coa xente. .
Axudas s difundir? Compartindo esta publicación podes axudar a que a súa familia futura os atope. 💛
Jenova é esta preciosa panteriña residente nunha colonia de Teo. Foi esterilizada e devolta á colonia grazas ao apoio do Concello de Teo ao CER. Os seus peques están en adopción.
Se atopamos fogar para ela, poderá sair da rúa para sempre
Monna é esta preciosa gatiña gris, mamá dunha camada de 6, dos que 2 xa atoparon fogar.
Por que non te animas a adoptar a Mona e a un dos seus bebés? Darías unha segunda oportunidade a dúas vidas e recibirías o dobre de cariño.
Se queres coñecelos, contacta con nós💕
Uri e Nala buscan fogar.
Estes pequenos apareceron abandonados e agora buscan familia para sempre.
A persoa que os atopou non podía quedar con eles porque xa ten varios. Aínda así, está facendo un enorme esforzo e quedará coa nai que apareceu en moi mal estado e necesitaba axuda
Benji é outro dos moitos gatiños que recollemos abandonados. Temos tantos pequenos buscando fogar que ás veces non sabemos nin que contar de cada un.
Porque todos son preciosos. Todos son sociables, cariñosos e teñen ganas de formar parte dunha familia.
Herme, preciosa gatiña xa castrada e retornada grazas ao apoio do Concello de Teo ao CER.
Ao castrala evitamos máis nacementos e contribuímos a mellorar a súa calidade de vida.
A súa última camada busca fogar. Uns pequenos que merecen a oportunidade de medrar nunha familia.
Hai perto de 50 peques de menos de tres meses buscando fogar, pero as adultas como Troya tamén buscan unha oportunidade
Queres adoptar? Escribe e poderemos axudarte a decidir quen pode encaixar mellor contigo .
Polly e Kennedy, dous nos nosos peques, buscan fogar definitivo.
Son irmáns, rescatados recentemente da rúa, e precisan un fogar onde os queiran moito.
Adopción conxunta para Triqui e Nieve
Son preciosos, sociábeis e m merecen a oportunidade de compartir un fogar definitivo.
Buscamos adopción conxunta para que sigan gozando do vínculo tan especial que teñen.
Se queres coñecelos e darlles unha oportunidade, contacta con nós.
E rematamos co gatiño número 6! 🐾
O último da camada, pero tan especial como todos os seus irmáns.
Agora que xa coñecedes aos seis, só queda o máis importante: atoparlles os mellores fogares posíbeis. Axudádenos difundindo para que esa oportunidade chegue. 🐱✨
De esquerda a dereita Robin, Bruma, Bat e Cinza (preadoptada). Todos proceden dun concello próximo, onde unha persoa está a facer todo o posíbel por darlles unha oportunidade dado a ausencia de CER e nula axuda do seu concello.
Se estás pensando en adoptar,contacta con nós
E xa vai o gatiño número 4! 🐾
Outro dos pequenos desta camada que agarda a súa oportunidade. Pequeniño, adorable e cun futuro enteiro por diante, merece medrar nun fogar onde nunca lle falten os coidados, a protección e o cariño. 💛
Porque todos merecen unha oportunidade,
Presentámosvos ao gatiño número 3 da camada! 🐾
Busca un fogar onde medrar seguro, querido e rodeado dos coidados que merece.
Axúdanos difundindo para que, cando chegue o momento, atope o seu fogar definitivo. 🐱