🥰Que xornada tan especial vivimos o pasado venres! Aínda coa emoción no corpo, achegamos unha escolma de imaxes dalgunhas das actividades da G-Night 2024.
🙏Grazas a todo o persoal implicado e aos centos de persoas que nos acompañaron. Sen vós non sería posible!
🙂 Este venres 27/09 se tes curiosidade científica, achégate ata a rúa Quiroga Ballesteros, o Mercado Municipal e Praza de Abastos, que hai CIENCIA PARA TODO O MUNDO. De balde.
@GNight_gal
ORGANIZA | @XuvenCiencia e Agromar (USC)
https://t.co/49i61F4AtR
#gnightlugo#lugo
Botádelles un ollo aos obradoiros que teremos este venres de 18.00 a 22.00 na Praza de Abastos de Lugo. Hainos para todos os gustos e para todas as idades.
👏Ciencia para todos nas rúas de Lugo durante a @Gnight_gal 2024. Venres 27/09 na rúa Quiroga Ballesteros, no Mercado Municipal e na Praza de Abastos. De balde.
Programa:
https://t.co/cmLXqhHwIH
#Lugo#gnight#gnightlugo
Agora que empeza agosto, podedes repasar todo canto aconteceu no Campus de Verán XuvenCiencia 2024 no noso XuvenCiencia Magacine. https://t.co/FuHOOVbTCf
A tese de doutoramento de Sabela Al-Soufi Novo aborda o uso de algas mariñas como alternativa aos antibióticos en coellos. A investigación, desenvolta no noso campus, estudou o uso de macroalgas mariñas para mellorar a saúde intestinal destes mamíferos
https://t.co/rmJ4b6uq2R
🐰Veterinaria aborda o consumo de algas mariñas como alternativa ao uso de antibióticos en coellos.
A investigación de Sabela Al-Soufi Novo no @CampusTerraUSC avaliou con resultados prometedores o uso destes organismos na mellora da saúde intestinal.
🗞️https://t.co/eNQSBwxHII
Segue aberta a preinscrición no Campus de Verán XuvenCiencia 2024. Para alumnado de 3º e 4º de ESO, BAC e ciclos medios de FP. Hoxe presentamos os nosos proxectos de Ciencias Sociais e Humanidades.
https://t.co/1PvyTTlTJb
Estes días non temos paradura!!! O venres 3 ás 15.30 horas, lembrade, abrimos a preinscrición para o Campus de Verán XuvenCiencia. Será en Lugo, do 30/06 ao 06/07. Para rapazada de ESO, BAC e ciclos medios de FP.
Desde este ano 2024 queda estabelecido no 11 de abril a celebración do Día Internacional das Universidades para a Infancia a proposta da @EUCUNET, que integra 80 institucións de todo o mundo, entre elas, XuvenCiencia.
https://t.co/zHJJhxJbYo
Temos anuncios hoxe que facervos. Do 30 de xuño ao 6 de xullo de 2024 regresa o Campus de Verán XuvenCiencia, para alumnado de terceiro e cuarto da ESO, ciclos medios e BAC.