Furancheiro é un percorrido polos furanchos e recunchos que hai agochados nas nosas vilas. É unha forma de facelos máis visibles e así poder desfrutar deles.
¿Qué é Furancheiro?. Pois se eres deses que lles gusta o #viño da terra estás de sorte. En Furancheiro temos a misión de situar no mapa tódolos #furanchos e #recunchos que tanto nos gustan e son difíciles de atopar. Bótalle un ollo en https://t.co/hibB6yIeHe
De furanchos por Saigón demos cunhas delicias vietnamitas que, aínda que non leven zorza nin viño, tamén fan festa.
Aquí o porco vai en sopa e non á feira.
Un furancheiro pode estar lonxe da terra, pero nunca perde o espírito.
Saúde furancheir@s, dende o outro lado do mundo!
O #furancho Ximeu en Cangas do Morrazo xa abriu as súas portas. Así que, antes de que o viño voe máis rápido ca unha gaivota en vendaval, ide buscando sitio e cunca!
Tedes toda a info👇🏽
https://t.co/roJIP4rv3p
Agarra o paraugas con unha man e a taza coa outra e tira para Poio porque onte abriu o #furancho A de Pepe.
O único que sopla por alí é Manolo na palleta da gaita e mollarse por fóra é opcional, pero por dentro, case obrigatorio!
Toda a info👇🏽
https://t.co/jlMBMrSDYm
¡Vaiche boa Vilaboa! E falando de Vilaboa, mañá abre o #furancho Acuña xusto por alí.
Vaaale... que sí... que o chiste foi moi malo... pero peor será quedar mañá na casa sen ir a probarlle o viño e as empanadas ó Acuña.
Tedes toda a info👇🏽
https://t.co/sR5kwirSw5
Pouca cousa serían unhas aceitunas co viño, unha cunca baleira, unha muiñeira sen gaita ou ata un galego sen retranca.
Pero se falamos de furanchos a cousa cambia, porque o #furancho Pouca Cousa é de todo menos pouca cousa.
Tedes toda a info👇🏽
https://t.co/z2JV52qqiF
O #furancho Santa Sede non ten Papa, nin feligreses, nin misa ás doce, pero ten empanadas dabondo para facer milagre tras milagre.
Máis coñecido como Videira, este furancho abre mañá venres 14 e vén cargadiño de viño, como Deus manda…
https://t.co/2s9AxnUmrA
O nome de Salceda de Caselas vén de “Salceda” polos salgueiros e de “Caselas” polo río que a atravesa?
Pois o furancho Lugar da Fonte, que está nese concello, abre mañá a partir das 20hr.
E salgueiros non sabemos, pero río sí que teñen… pero de viño!
https://t.co/aG2Rp52wIU
Moitos estades sufrindo síndrome de abstinencia das empanadillas do furancho León… pero este ano toca quedarnos coas ganas xa que non van abrir as súas portas.
Aguantade, respirade fondo e pensade en positivo… ¡o ano que vén saberán aínda mellor!
https://t.co/OqzQ0VTclu
Mañán 6 de marzo abre as súas portas o furancho Benito Pequeno en Pontevedra.
É xoves e algúns teñen que traballar o venres, recordámolo por aquelo de tirarse ás tazas coma se no houbera un mañán.
A tempada é longa e os barrís ben fondos.
Toda a info👇🏽
https://t.co/6Aiq6JVZVQ
Marzo é ese mes no que chega a primaveira, as flores espreguízanse e os paxaros fan eses marabillosos concertos matutinos. Pero tamén é o mes no que abre o #furancho As Cuncas!
Mañá día 1, xa podedes ir catar o viño e comprobar se pasou o exame.
https://t.co/Zc5vMyOO82
Se ides á apertura do furancho A de Marga, non baixedes o ritmo, porque se tirades un pouco máis para arriba, tendes a apertura do furancho A Fonte en Mos tamén mañán venres 28.
A cousa ponse seria, acumúlase o choio… agarrade as tazas!
https://t.co/XDjrpRoiB0
Mañá é venres 28, derradeiro día de febreiro, pero no #furancho A de Marga non é un día calquera… É o inicio da tempada!
Xa teñen listos os barrís e as cuncas e tan só falta que veñan os estómagos baleiros.
Toda a información 👇🏽
https://t.co/CVViVVvjLn
O termo "furancho" non naceu nunha noite de esmorga, senón das billas que se poñen nos barrís para servir o viño.
Estes grifos precisaban un furado máis ancho para encaixar ben, porque xa se sabe que se o viño quere saír, mellor non poñerlle trabas
https://t.co/0wiSnMB8U7
Como o tempo acompaña, unha opción de furancheo para esta fin de semana é o furancho de Jorge en Vilaboa.
Déixovos a ligazón con toda a información👇🏽
https://t.co/CNmzJmaNB7
Que o 2025 veña cargado de saúde, amor e cartos… ou polo menos que non se leve os que xa temos! Que non falte o viño, as risas e algún que outro baile desastroso para lembrar. Brindemos como se o luns non existise.
Feliz Aninovo e que viva a viño!
En Austria existen un tipo de establecementos chamados Heurigen nos que se serve viño caseiro do ano, elaborado polos propios colleiteiros que rexentan estes negocios coa finalidade de vender a súa produción.
O que veñen sendo os #furanchos austríacos vamos!
Nas andaluzas localidades de Jerez e Aljarafe existe unha "Ruta del mosto".
Estes Mostos son locais moi parecidos ós #furanchos galegos e tamén ós guachinches canarios xa que venden viños da zona acompañados de comidas caseiras.
Vai un día fresquiño, pero nada que non arranxen uns bos viños e unhas boas tapas.
Hoxe tedes aberto o #furancho O Toural en Vilaboa por se non tiñades plan para o domingo.
https://t.co/IlzXKNRRxG
Pois un ano máis, chegou decembro e con él chegan os furanchos.
Hai poucos nestas datas, pero habelos, hainos.
Unha boa opción no Morrazo é o furancho Iglesario, en Bueu. De verdade que merece a pena.
https://t.co/PsKQexjVzd