Orgullo do noso. Dos nosos rapaces, que maman deportivismo dende pequenos, e de quen sempre defenderá este escudo, no campo ou na bancada, para levalo ao máis alto.
Orgullo da #ANosaCanteira. O deportivismo é imborrable.
Onte foi a quenda de Maratón Inferior. Hoxe tócalle pasar por caixa a toda a afección.
Entendemos unha actualización dos prezos, pero as subas que superan o 60% están totalmente fóra de lugar.
Coidar o deportivismo é respectar a quen nunca deixou de estar.
O Dépor somos nós.
Forza para os compañeiros do metal.
Que nunca nos fagan esquecer quen sostén todo isto: a clase traballadora. Mentres uns viven do noso esforzo, outros deixan a pel cada día para chegar a fin de mes.
Por iso a única saída sempre será a unión.
Hoxe por eles, mañá por todos.
Durante 8 anos de longa viaxe, o deportivismo volveu demostrar que nunca abandona. Unha vida enteira detrás deste escudo.
Por nós, por toda a xente que sempre estivo aí, mereciámolo.
O Dépor espertou do seu sono. No fogar de Breogán, produciuse un novo rexurdimento.