@APOLITICOSPAIN@FonsiLoaiza esos datos están mal, en ningún municipio do morrazo el pp pasó el 50% de los votos lo que hace imposible eses datos, miralo porque al ver los votos te das de cuenta como el pp pasa de 16.000 a 4.000, y en Cangas ganó el BNG
Hola @Renfe@Inforenfe me podríais explicar porque cuando compro el billete AVE de Ourense a Madrid Chamartín que cuesta 78,05€ y aplico el Verano Joven que supuestamente son 39€ al pagar me sube a 48,05€. Gracias.
@FACUA
la próxima vez que un dron ruso sobrevuele el espacio aéreo de letonia espero que españa ponga un tuit diciendo que a ver si espabilan con sus defensas antiaéreas, que son unos inútiles
O #TeleXornal do Día Nacional de Galicia ou o argumentario do PP? 🤔
O 25 de xullo merecía unha cobertura plural. O que vimos foi outra cousa.
📺 Unha peza construída arredor do discurso institucional de Alfonso Rueda, con imaxes enlatadas.
📢 Canto á manifestación, declaracións só ao comezo e planos moi pechados, omitindo amosar a praza da Quintana. Aquí salta a diferenza coa cobertura de TVE-G, que conectou coa Quintana.
🎙️ Presenza de Alberto Núñez Feijóo, convertendo tamén en noticia a súa valoración da xornada.
🏛️ Ausencia da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, malia que o @PazodeRaxoi era tamén protagonista da xornada e participou nos actos institucionais.
🚶♀️ Para falar do turismo, voz para a @Xunta, para a patronal hostaleira e para algúns peregrinos. Ningunha declaración do Concello de Santiago.
🗳️ Entre as delegacións políticas presentes en Santiago estaban PNV, EH Bildu, Esquerra Republicana, Chunta Aragonesista e outras formacións. Porén, o TeleXornal optou por destacar a Jordi Turull (Junts), precisamente cando o PP leva semanas intensificando o seu cortexo político a esa formación.
⚖️ Un medio público non está para construír un relato único nin para reproducir o marco comunicativo dun goberno. Está para informar con equilibrio, pluralidade e contexto.
📢 O Día Nacional de Galicia merecía un TeleXornal ao servizo da cidadanía, non un informativo que parecese máis preocupado por reforzar o relato do Goberno galego ca por ofrecer unha visión completa do que aconteceu.