Pechamos a 15ª edición da Primavera de Portas Abertas coa Ruta do Viño do Ribeiro. Unha iniciativa que reuníu máis de 2.400 participantes.
Seguimos traballando nestas propostas que contribúen á desestacionalización da demanda e impulsan o turismo enogastronómico. 🍇
A Estación marítima de Vigo acolleu a entrega de premios da Bienal do concurso de cartelismo Francisco Mantecón no seu 25 aniversario. Unha iniciativa promovida pola adega Terras Gauda que conta co apoio de @turismodegalicia e que nesta edición tivo máis de 2.800 participantes.
Hoxe na Cidade da Cultura comprobamos os últimos preparativos do Wake Up! SdC, que o 5 e o 6 de xuño converterá Santiago de Compostela nun referente da música electrónica.
O festival, parte da programación dos Concertos do Xacobeo, busca reforzar Galicia como destino musical. 🎶
Apoiamos a Festa da Rosa de Mos desde @concertosdoxacobeo e a incorporación da actuación musical de Cali & El Dandee á axenda deste acontecemento.
Hoxe acompañamos á alcaldesa, Nidia Arévalo, e á súa corporación na presentación da edición deste ano no Pazo de Mos.
Desde Turismo de Galicia celebramos a boa acollida do noso Plan de Patrocinios para o Xacobeo 2027.
Este novo modelo, do que falamos hoxe no Parlamento de Galicia, permítenos reforzar a proxección turística de Galicia e impulsar eventos de atractivo internacional.
Parabéns ao chef Antón Castro, orgullo do Centro Superior de Hostelería de Galicia por recibir o Premio Cociñeiro Galego 2026.
Un recoñecemento ao seu talento e ao sei xeito de modernizar a cociña galega sen perder a súa esencia. 👏
O Cebreiro suma unha nova “parada” no Camiño e achega aos peregrinos o patrimonio da comarca, cun espazo de promoción local.
A iniciativa, integrada no proxecto europeo Ultreia-Sudoe, impulsa un modelo de turismo sostible vinculado á dinamización das contornas rurais xacobeas.
Parabéns para o @ClusterGalicia polo terceiro encontro do Club de Produto Galicia Destino Sostible que hoxe se celebra na Coruña.
É moi importante a colaboración entre @Xunta e o sector turístico galego para consolidar Galicia como referente en sostibilidade.
Presentamos “A seguridade marca o Camiño”, unha campaña coa que nos preparamos cara o Xacobeo 2027 ao reforzar o acceso a recursos de seguridade nas rutas xacobeas.
Máis de 7.600 materiais informativos contribuirán a que o Camiño siga sendo un espazo seguro para os peregrinos.
A partir do día 28, o voo directo entre Santiago e Nova York reforzará a conexión de Galicia cun dos nosos principais mercados emisores internacionais.
Traballamos para consolidar Galicia como destino turístico de referencia a través da súa internacionalización.
O Camiño Mozárabe-Vía da Prata contará cun novo albergue público en Dozón para o Xacobeo 2027.
A @Xunta investirá 1,5M€ na rehabilitación da antiga casa reitoral de San Salvador do Castro para crear un espazo con 58 prazas. Un paso máis que refrzs a acollida e dinamiza o rural.
Secretario xeral para o Turismo, presidente de Paradores e ata o seu falecemento, hoxe, presidente da Academia Galega de Gastronomía, o pasamento de Francisco Bobadilla deixa un grande baleiro no eido do turismo en Galicia e no Estado. D.E.P.
Ultimamos todos os detalles da nova edición do Ouren Sound Fest! 🎶
Desde este venres e ata o domingo, os festivaleiros poderedes gozar dunha das mellores propostas dos Concertos do Xacobeo 2026.
Hoxe presentamos a Feira do Viño de Valdeorras, que celebra a súa XXVII edición marcada polo 80 aniversario da súa D.O.
A cita, que conta co apoio da Xunta, consolídase nun contexto de crecemento turístico na comarca, cun aumento de máis do 27% no número de viaxeiros na comarca.
Ignacio Balboa 🎧🎙🎙🎧 a Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia.
"El Camino va bien, estamos creciendo en número de peregrinos"
https://t.co/kQkoTweZ88
Que mellor lugar para celebrar o Día das Letras Galegas que na Romaría de Raigame, en Vilanova dos Infantes!
As festas tradicionais son pezas fundamentais da nosa identidade e un xeito de potenciar o valor do patrimonio etnográfico galego.
Hoxe asinamos co alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, un acodo para incentivar a promoción e apoiar a organización da próxima edición da Festa do Marisco, un acontecemento que contribúe edición tras edición a desestacionalizar o turismo en Galicia.
O 16 de xullo, Luar Na Lubre, da man de @Turgalicia leva a súa música ao Santuario das Ermidas nun concerto que celebra os seus 40 anos. 🎶
Seguimos apostando pola cultura e pola dinamización do territorio desde enclaves singulares do interior de Galicia.
Culminamos a renovación do sendeirismo homologado en Galicia cun investimento de 132.000€
Asinamos coa Federación Galega de Montañismo un convenio para mellorar máis de 150 rutas homologadas nas catro provincias e seguir reforzando o turismo de natureza 🌿