ℹ️Sabes que somos?
APRAFOGA é a Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Axentes Ambientais) fundada o 25 de febreiro de 1994 ao amparo do artigo 22 da Constitución Española.
Bótalle un ollo 👀👇
🔥 As queimas prescritas, dirixidas pol@s #AxentesAmbientais e executadas xunto @s#BombeirosForestais do SPIF, reducen o combustible forestal. Con planificación e responsabilidade, o lume é un aliado na prevención dos grandes incendios. 🌿
🔥 Antes de queimar, infórmate!
As queimas de restos agrícolas e forestais requiren cumprir a normativa e solicitar a autorización correspondente.
Ante calquera dúbida, consulta c@s Axentes Ambientais do teu distrito.
A prevención é cousa de todos!
🍄🌿 Goza da riqueza micolóxica de Galicia con responsabilidade. Respecta a natureza, cumpre a normativa e evita danos no monte. Os Axentes Ambientais velamos pola conservación dos nosos recursos naturais. 💚
#RecollidaResponsable#Galicia
🌲 Xestión forestal sostible: vixilancia, control e legalidade.
Os axentes ambientais de Galicia traballamos para protexer os nosos montes e garantir un aproveitamento responsable dos recursos forestais. 💚🌿
#AxentesAmbientais#MontesDeGalicia#XestiónForestal#MedioAmbiente
Hoxe, 22 de outubro, celebramos o Día da Custodia do Territorio. 🌿🤝
A conservación da biodiversidade require do compromiso conxunto de propietarios, entidades e administracións. Como #axentesambientais , traballamos no terreo para protexer o noso patrimonio natural.
Despois de ser recuperada e examinada, esta tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) xa voa de novo en liberdade. Protexer as nosas zonas húmidas e a súa biodiversidade é responsabilidade de todos.
Axentes Ambientais: velando polo noso medio ambiente. 💚🦅
🎬🌿 Os #bolechas súmanse á prevención dos incendios forestais! 🔥 Os/as #AxentesAmbientais e o resto de medios do SPIF amosan o seu labor para protexer os nosos montes. 💚 Educar hoxe é coidar o monte do mañá! 🌲
Hoxe, 4 de outubro, é o Día Mundial dos Animais e da festividade de San Francisco de Asís, patrón dos Axentes Ambientais.
O noso compromiso diario no monte é velar pola conservación da nosa fauna silvestre, protexer os seus hábitats e garantir a biodiversidade. 🐺🦌💚
Visita dos #axentesambientais da #UDEX ao @43grupo_ea en Lavacolla para compartir coñecementos e experiencias na extinción de incendios forestais e reforzar a coordinación entre profesionais ao servizo da protección do territorio. 🤝🔥 #43Grupo
O método das evidencias físicas permite reconstruír a propagación do incendio, localizar o punto de inicio e determinar a súa posible causa. 🔎👣
🧵2/2
#evidenciasfisicas#policiaxudicial
🔥 O LUME APÁGASE. AS PEGADAS QUEDAN.
🔎 A UIFO dos Axentes Ambientais de Galicia investiga cada incendio para localizar o punto de inicio, analizar os vestixios e determinar as causas.
🧵 1/2
#UIFO#IncendiosForestais#Galicia
🔥 GALICIA
A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta (UIFO) rastrexan a orixe das lapas seguindo o rastro que deixa o lume en rochas, vexetación e ata nos caracois
@G24Noticias Dende APRAFOGA desexamos pronta recuperación o bombeiro forestal 👨🚒🚒 conductor de motobomba ferido mentres participaba nas tarefas de extinción do #IFRibasieiraOPortoDoSon .
Enorme a labor dos nosos motobombistas en cada lume🙌
🔥🌲 Os #axentesambientais son clave na loita contra os incendios forestais. Como directores de extinción, coordinan medios, avalían o lume e toman decisións para protexer persoas, bens e territorio. 🌿
▶️ INCENDIO EN QUIROGA | O lume considérase practicamente estabilizado, despois de arrasar máis de 300 hectáreas e de que se chegase a activar durante horas o nivel dous de risco pola proximidade a núcleos habitados | Verémolo no Telexornal, ás 13:55 e ás 15:40 en @La1_tve
@MAmbienteXunta detecta un auge de la pesca eléctrica.
La Unidad de Investigación, Conservación e Intervención Ambiental (UICON), compuesta por #AgentesAmbientales, ha intervenido en casos de furtivismo, especies protegidas, vertidos y bienestar animal. https://t.co/VZejLFfHGU