[COMUNICADO] Fin do camiño europeo do Celta.
O Celta pon fin ao seu camiño na UEFA Europa League tras caer nos cuartos de final ante o SC Freiburg.
Péchase así unha aventura europea marcada pola ilusión, o compromiso inquebrantable de todo o equipo e, sobre todo, pola fermosa comunión cunha afección que sempre estivo ao seu carón.
Volver a Europa xa foi, en si mesmo, un gran logro. Un obxectivo construído durante a pasada tempada grazas ao esforzo dun grupo que nunca deixou de crer. Esta edición da Europa League permitiunos recoller os froitos dese traballo e reencontrarnos con esas noites que fan do fútbol algo especial. Abanca Balaídos volveu brillar como nunca, toda a cidade se envorcou co equipo e o escudo do Celta percorreu cada recuncho do continente.
Hoxe remata esta travesía, pero queda o orgullo por un equipo cargado de talento Feito na Madroa que nos lembrou cada día, en cada partido, que os soños se constrúen traballando, crendo e sentíndoos con tanta forza que ninguén poida arrebatárnolos. Eles, xunto co resto dos seus compañeiros que fixeron seus os valores celestes, representaron como se merece este club, dérono todo sobre o céspede e nunca, nunca, estiveron sós.
Porque, se alguén marcou esta aventura europea, fostes vós. En cada cidade, en cada estadio, sempre houbo unha bandeira, unha bufanda, un corazón celeste ou milleiros… lembrándonos que detrás deste equipo hai unha gran familia. Acompañástesnos por toda Europa e fixestes sentir a todo o plantel o orgullo e a responsabilidade de representar o celtismo. Por todo iso, o Celta quere darvos as grazas, de corazón, porque cada desprazamento, cada xesto de apoio e cada alento foron parte fundamental deste camiño.
Hoxe péchase unha etapa, pero o vivido non remata aquí. Todo o contrario. As bases seguen estando máis fortes ca nunca, cun equipo novo, con talento e con raíces que seguirán medrando na Madroa e que representan o presente e, sobre todo, o futuro deste club. Seguiremos mirando cara adiante orgullosos do construído e convencidos de que estes piares sosterán todo o que está por vir.
Porque as noites europeas volverán. E, cando o fagan, volveremos a vivilas xuntos.
Sempre Celta! 🩵
Sorteamos 2 entradas para o Río Breogan - @BasquetManresa
Só hai que seguir 3 pasos:
1️⃣ - ser seguidor de @CBBreogan e @SalaJagger .
2️⃣ - comentar este chío mencionando a persoa que levarías o partido.
3️⃣ - retwittear este chío.
Moita sorte!
@UbisoftSupport I've beaten all of AC Valhalla on PS5 and I only have the Troubadour quest left to get the platinum but due to a bug I can't complete it. I already wrote to you on the help page but you don't answer, could you help me?
🎟️🏀 ¡SORTEO DE ENTRADAS! 🏀🎟️
🙌🏻 Hazte con 2️⃣ entradas VIP para ver al @CBBreogan este sábado 🔥
👉🏻 Sigue a @TorreDeNunez
👉🏻 Haz RT
👉🏻 Menciona a quién te traes para darlo todo animando 🎉
#ForzaBreo#sorteo#patrocinio
OFICIAL:
El Crystal Palace ha anunciado que Roy Hodgson deja su puesto como entrenador.
Su sustituto será Oliver Glasner, que ganó la Europa League con el Eintracht Frankfurt. Mañana tendréis un vídeo en el canal analizando su fichaje.
🚨SORTEO🚨
Sorteamos una camiseta oficial, talla M, de la @Penya1930 de @kylejguy con nombre y dorsales sublimados.
- Hasta el 9/7/23.
- Sigue a Madbasket.
- RT a ésta publicación.
#KyleGuy#Penya
Chegou o día do Derbi.
Demostremos aos nosos na bancada dende antes do salto inicial por que somos o equipo de Galicia, e axudémoslles a demostralo na cancha.
Vémonos hoxe no Pazo, no FOGAR DE BREOGÁN. Queríannos mortos e seguimos, en pé, máis vivos que nunca!
FORZA BREO.
Nos hemos dejado el corazón en este tema. Este tema es para lxs oyentes de Los Chikos del Maiz. Gracias por enseñarnos. Gracias por estar ahí siempre. Gracias por todos estos años.
Lo mejor está por venir.
#Since2005
https://t.co/soOK0dCf2x