O BNG de Catalunya lamentou recentemente a perda de Xosé Lombao, residente en Granollers, activista histórico e incombustível no ámbito político e sindical que deixa unha enorme pegada na nosa organización. Que a terra che sexa leve, compañeiro✊
O 4 de outubro o @BNGCatalunya estivo presente como convidado na Festa de la Realitat organizada por @comunistes .
O BNG parabeniza a Comunistes de Catalunya polo exitoso evento, agradece a súa acollida e ofrécelles unha fraternal aperta.
Visca Catalunya Lliure!
Na fin de semana do 29 de agosto de 2025, o @BNGCatalunya tivo o pracer e a honra de poder asistir á saída da @GlobalSumudF e atoparse con seus integrantes no Porto de Barcelona xunto con centos de persoas que acudiron ao evento na súa homenaxe de @MarchToGazaES#PalestinaLibre
Hoxe 23 de abril de 2025, nesta #diadadesantjordi o #BNG terá un posto de venda de literatura galega e distribución de material en c/Hospital, 104-108, Barcelona.
Molt bona Diada a tothom! Esperámosvos!
Este #8M dicimos, con claridade, nin un paso atrás! Fronte a onda reaccionaria, imos defender os dereitos das mulleres nas rúas, nos parlamentos e nas institucións.
#NinMedoNinVergoña
Castelao é bandeira dos dereitos e liberdades de Galiza. Figura central do nacionalismo galego e presidente de Galiza no exilio. O seu pensamento é guieiro para o futuro e alimenta a esperanza e a vontade dunha Galiza viva, xusta, forte e dona de si. #CastelaoSempre
Hoxe 15 de decembro o BNG en Catalunya puido asistir á manifestación contra Altri convocada pola @ACGBcn paralelamente coa de Santiago de Compostela.
#AltriNON !!!!
Celebramos en #Girona a VI Escola Soberanista.
Fin de semana de análise, debate, conclusións arredor dos dereitos lingüísticos e a colaboración entre Galiza, Euskalherría e Paísos Cataláns
🙌 O pasado domingo celebrouse en Compostela a XVIII Asemblea Nacional do BNG. Como Galiza Nova estivemos moi ben representadas no plenario.
O noso co-responsable comarcal, Moisés, tamén se desprazou ata alí en representación da mocidade emigrada.
Dende o BNG Catalunya puidemos participar na Asamblea Nacional do BNG do 1 de decembro xunto aos compañeiros do @bngemigracion e felicitar persoalmente a @anaponton pola súa reelección.
Adiante @obloque !!!
Onte celebrouse o encontro que o BNG-Madrid e Galiza Nova-Madrid (Comarca da Emigración) organizamos co noso deputado Néstor Rego e coa nosa senadora Carme Da Silva. Neste acto, militantes e simpatizantes puidemos aprender máis sobre o traballo do BNG no Congreso e no Senado.
Des de Galiza Nova volem felicitar al nou Secretariat de @jmallorcanova escollit en el passat III Congrés, en especial al nou Secretari General, en Ferran Montero
Us enviam tota la sort i encerts a la nova direcció política i al conjunt de la militància en aquest nou període polític per a la organització
Visca Mallorca lliure!
◼️ Hoxe fanse 22 anos do afundimento do Prestige, unha catástrofe sen precedentes que destrozou o noso país e que demostrou, máis unha vez, como o Partido Popular está máis preocupado por manter intactos os seus intereses que por salvar Galiza. Mais son tamén 22 anos da dignidade dun pobo que non se resigna e que, fronte á súa incompetencia, se organizou para salvarse a si mesmo ✊🏻
Do seu chapapote naceu a nosa semente e hoxe, 22 anos despois, seguimos tendo claro que #NuncaMáis
Nin esquecemos, nin esqueceremos.