Construindo futuro! Queremos que o Concello solucione os problemas da xente, non que sexa outra fonte de problemas. #MurosMereceMáis#MerecemosVivirAquí
🎯 Neutralidade ideolóxica?
Mentres censuran faixas pola sanidade pública ou impiden actos de apoio ao pobo palestino nos centros educativos, o goberno da Xunta entrega escudos de España e Virxes esculpidas por alumnado da FP pública… ao Exército.
📚 Nin a escola é neutra, nin se goberna para todo o mundo.
Porque a “neutralidade ideolóxica” non é máis que un eufemismo para impor unha visión conservadora, centralista e relixiosa da sociedade. E iso non é neutral: é profundamente ideolóxico.
💬 Que casualidade que sempre censuren o que incomoda ao poder, pero nunca o que o reforza.
Non sei se algún día chegarei a ver Galiza liberada.
Mais hai que estar moi cego para non ver
que somos unha nación.
Con historia, con lingua, con pobo.
Galiza existe, resiste e avanza.
Viva o Día da Patria Galega!
E viva o BNG, ferramenta do pobo para conquistar a súa soberanía.
#DíaDaPatriaGalega #GalizaNación #BNG
Din que hai que avaliar mellor ao profesorado para mellorar a educación.
Pero, como vas desfrutar de ser profe cando o sistema está feito para espremer e controlar?
Unha reflexión dende abaixo, con Freire como faro.
“A educación non cambia o mundo. Cambia ás persoas que van cambiar o mundo.”
— Paulo Freire
Din que hai que avaliar mellor ao profesorado para mellorar a educación.
Como non, o discurso de quen quere privatizar o sistema poñendo sempre o foco na clase traballadora. Quen vai desfrutar de ser profe cando o sistema está feito para espremer, para desconfiar, para facer que dubides das túas propias capacidades humanas?
O problema de fondo é que a educación neste país pasou de medirse por baremos de calidade pedagóxica na aprendizaxe, a baremos que teñen que ver máis coa eficiencia empresarial dos centros. A educación nunca vai cotizar en bolsa. E na actual sociedade todo o que non cotiza en bolsa non ten espazo. Non hai lugar para os soños, nin para a pausa, nin para as preguntas difíciles.
Falan de calidade na educación como se educar fose encher formularios. Como se o valor dun mestre fose cuantificable nunha gráfica.
Mentres tanto, nas aulas hai nenos que non almorzan, rapazas que non cren en si mesmas polas altas expectativas e a presión social que se crea xa desde a cuna, e familias sen acceso a servizos básicos. E profes que botan os pulmóns cada día por manter en pé algo que leva anos caendo.
Pero diso non fan informes.
A educación non pode ser neutral. Ou serve para liberar ou serve para domesticar.
Ser profe é unha das tarefas máis fermosas e máis políticas que existen. Pero iso só será posible se defendemos entre todas unha escola que sirva á vida, non ao mercado. Unha escola para os de abaixo.
Avaliar ao profesorado sen avaliar o sistema é coma culpar ao médico cando o hospital non ten nin gasas.
Defender a escola pública é poñerse do lado dos pequenos e das traballadoras da educación. Sempre.
Defenderei sempre a crítica. Nunha sociedade plural e democrática, a crítica é necesaria. É un sinal de saúde colectiva.
Mais reflexionemos: o que estamos a ver non é crítica, é estratexia. E unha estratexia que non busca mellorar a vida da xente, senón desgastar, dividir e confundir.
A discrepancia pública debe ser sempre lexítima. O que non pode ser lexítimo é facer da discrepancia unha arma contra o ben común. E iso é o que acontece cando certas direccións, movidas por intereses persoais, utilizan estruturas veciñais lexítimas para atacar a quen traballa día a día polo ben de Muros. Secuestran tradicións. Apropiánse do traballo colectivo falando en primeira persoa. Fan do común, do que é de todas, algo seu.
Cando quen afirma representar ao pobo de Esteiro decide poñelo nun taboleiro de xadrez político, non está defendendo á veciñanza: está xogando con ela.
Hai tempo que isto deixou de ser un problema entre un Concello e unha Asociación. Hai tempo que isto son rencillas persoais. E os problemas persoais que teña a xente, por moi lexítimos que sexan, non son responsabilidade dos e das muradás.
Sexamos responsables. E sobre todo, exixamos responsabilidade.
Que viva Esteiro, e que vivan as Carrilanas de Esteiro!
Así conmemoramos o 8M: Día da Muller Traballadora.
Porque o feminismo segue sendo unha ferramenta política imprescindible para acabar con todas as desigualdades sociais.
💜 Un feminismo de rúa, de barrio, bastardo, sen amo.
💜 Transincluínte.
💜 Popular.
💜 Antiracista.
💜 Dos pobos!
Contra a ultradereita española, que nos quere caladas e pechadas nas cociñas. Feminismo galego, autocentrado e combativo!
✊ Porque nós estamos co feminismo os 365 días do ano.
Grazas as veciñas de Muros por caborar connosco e axudarnos a dárlle voz a todas as mulleres galegas ✊🏽
#8M #FeminismoPopular #FeminismoGalego #Autocentrado #Antifascista #SenAmo
A Asamblea do BNG escollemos a David Miranda como novo Responsable Local : “grazas a todas as compañeiras pola confianza, e grazas a Miguel polo traballo feito estes últimos 3 anos. Espero estar á altura”
Para a dereita, todos os autónomos son uns pobres currelas… agás cando somos nacionalistas. Se somos do Bloque, deixamos de ser autónomos e pasamos a ser ou oligarcas rusos ou burguesía catalana, dependendo do medio afín que publique. Quen os entenda que os vote!
Pedimos ao Goberno do PP que escoite a marea de dignidade que hoxe lle dixo alto e claro 𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮, 𝘀𝗶; 𝗔𝗹𝘁𝗿𝗶, 𝗻𝗼𝗻 nunha manifestación histórica.
Orgullosa de estar xunto á cidadanía que defende un futuro digno para este País.
#AltriNON15D#AltriNon
📢 A semana pasada saímos á rúa en defensa da CRTVG!
👉 Recollimos sinaturas en apoio á ILP da CRTVG, unha iniciativa que denuncia:
📺 A falta de pluralidade nos informativos da TVG.
🗣 O retroceso en normalización lingüística coa entrada de contidos en castelán.
👶 A ausencia de programación infantil no noso idioma.
🔹 Nunha mañá recollemos 60 sinaturas! A televisión e a radio públicas deben ser fortes, plurais e rigorosas, priorizando o contido informativo fronte a intereses comerciais ou políticos.
📢 Súmate a esta denuncia e axúdanos a reivindicar uns medios públicos ao servizo da sociedade galega. Outra CRTVG é posíbel! 💪
#ILPdaCRTVG #MediosPúblicos #DefensaDaLingua #Pluralidade
O do Bloque é un goberno transparente porque se pode rastrexar cara onde van os cartos. As inversións que fan outros se perden, entre fondos buitres, viaxes en narcolanchas e discos duros destrozados. Espero que agora que están tan áxiles nos descubran pronto quen era aquel M. Rajoy da caixa B do seu partido.
Polo demais, respírase a desesperación propia dun partido que con 5 no Pleno e tendo seu partido o goberno da Xunta na súa man non é capaz de aportar ningunha proposta política para o Concello. Non o fixeron cando gobernaron e non van facelo agora.
0 capacidade de facer oposición. Ata tal punto que saca máis traballo político 1 independente (trumpista todo hai que decilo) que todos os seus e as súas concelleiras xuntas.
E por outra banda , un completo descoñecemento do Concello no que viven: o que alguén lle sorprendería é que un goberno do BNG pagara un anuncio nunha revista de negocios do barrio de Salamanca a ritmo de Enrique Iglesias ou Tabuerete. A ninguén lle sorprende, que haxa publicidade institucional nun festival de música en galego que se celebra na capital da Galiza. Un festival que non só axuda a que os nosos artistas non teñan que emigrar , senón que garante que poidam expresarse na súa lingua. E non olvidemos que Santiago é unha das cidades que máis turismo interno lle aportan ao Concello de Muros, polo que a nosa imaxen institucional sae dobremente mellorada. Tanto a nivel local como nacional.
Deixan no aire unha especie de cuestión de corrupción ou rede de favores, cando tan só hai unha escolla de onde investir unha das partidas orzamentarias. Populismo, demagoxia e falsedade. Nada ao que non nos teñan acostumados, os amigos de Marcial Dorado.
Ben feito Ía Lago, bo traballo, Festigal
Onte a nosa compañeira e concelleira Maruxa Martínez, veciña de Esteiro, saíu escollida para facer parte dos órganos de dirección do BNG. Parabéns compañeira!
Xustiza para Samuel. Xustiza para nós. Xustiza.
O que che berran mentres te golpean ata a morte importa. Esas palabras non son só insultos, son a materialización do odio, o reflexo dunha ideoloxía que deshumaniza e xustifica a violencia. Son un manifesto de poder, de quen se sente lexitimado para atacar a outro simplemente por ser quen é. Ignorar o peso desas palabras é deixar que esa ideoloxía siga intacta. Importa o que che din, porque revela o verdadeiro motor da violencia: o odio contra quen desafía a norma, contra quen é diferente.
Xustiza para Samuel, sempre. Que o seu recordo sirva como un impulso para seguir loitando contra o odio, a violencia e a discriminación. A mellor maneira de honrar a súa memoria é continuar traballando para que estes crimes non queden impunes e para que se recoñezan polo que realmente son: delitos de odio que non teñen cabida nunha sociedade xusta.
Pois si, eu tamén “Soy culpable”. Déixovos por aquí o meu último artigo de opinión que escribín para Praza. Non esquezades darlle a RT se vos tamén sondes culpables. ✊
https://t.co/geCwvJshWn