Hoxe os reporteiros e reporteiras da TV-Inclán tivemos unha experiencia moi especial: entrevistar a xornalista Esther Estévez! @CAFIgalicia
https://t.co/ItTsJl2sld
Arrinca unha nova tempada do noso telexornal escolar cunha nova emisión chea de ilusión, enerxía e moitas ganas de contar o que sucede no noso colexio.
https://t.co/ItTsJl2sld
Chegou o momento máis difícil... o da despedida.
Nesta última emisión de TV-Inclán, os alumnos e alumnas que formaron parte do equipo neste curso dinnos adeus
antes de dar o salto ao instituto.
https://t.co/ItTsJl2sld
TV-Inclán cumpre 3 anos
Con motivo do aniversario, preparamos unha emisión especial cun concurso moi divertido: unha das nosas reporteiras aparecerá nun lugar misterioso do cole… e haberá que adiviñar onde está para gañar o premio. 1 camiseta por nivel.
https://t.co/uY5UpPtoYL
Novo vídeo do Telexornal Escolar TV-Inclán
Xa está dispoñible un novo episodio do Telexornal Escolar TV-Inclán.
Neste vídeo poderás ver:As melloras previstas no noso cole.A entrevista á profe Verónica e moito máis .https://t.co/tBJHQqA8G2
Esta semana estreamos unha nova edición do telexornal escolar TV-Inclán.
Ademais, o noso traballo da televisión escolar segue espertando interese fora do centro. Nesta ocasión o diario "La Opinión" vaise facer eco proximamente deste proxecto educativo.
https://t.co/1VpOnInJFy
Emisión nº54 con sorpresa incluída!O noso telexornal escolar chega cargado de noticias frescas e moito entusiasmo. O alumnado preparou un programa especial coas últimas novidades do colexio, as actividades máis destacadas e seccións cheas de curiosidades https://t.co/EILMdU8471
A revista dixital Educación 3.0 publicou un artigo sobre a importancia da televisión escolar no noso colexio, destacando o seu valor pedagóxico e o seu impacto na aprendizaxe do alumnado.
@CAFIgalicia@ConcelloOleiros
https://t.co/O63Qna0VA7
Presentámosvos unha nova edición do noso Telexornal Escolar. Nesta ocasión, temos un programa cheo de creatividade, aprendizaxe e diversión.
Os pequenos artistas da clase verde de Infantil sorpréndennos coas súas incribles creacións.
https://t.co/2OKku9NxOf
Benvidos a unha nova entrega do noso telexornal escolar! Esta semana, os nosos reporteiros prepararon un programa repleto de noticias, eventos e actividades que non vos podedes perder.Ademais, exploraremos a historia de Wangari Maathai. https://t.co/HyjxJ1I8T1
Educación 3.0 destaca o noso traballo na televisión escolar TV-Inclán👏. A revista, líder en innovación educativa, novas tecnoloxías e metodoloxías para o profesorado, vai publicar unha reportaxe dedicada ao noso proxecto. @CAFIgalicia@ConcelloOleiros https://t.co/A5UkUfdCn3
Hoxe celebramos con gran ilusión a 50ª emisión do noso telexornal escolar.
Este número especial, cargado de espírito do Nadal, é un reflexo do esforzo, creatividade e dedicación do noso alumnado, que semana tras semana sorpréndenos co seu talento.
https://t.co/XKcpnoYxGi
Ola a todos e todas e benvidos/as a unha nova emisión da TV-Inclán!
Traémosvos noticias frescas sobre a nosa escola, o @ConcelloOleiros e todo o que nos rodea.
https://t.co/YJGUE3LyUU
Nova emisión TV.Inclán.A partir de agora, os máis pequenos do cole, terán unha sección propia, no noso telexornal escolar. Permitiralles ser parte activa de TV-Inclán, achegando a súa visión única e encantadora sobre o día a día no cole.
https://t.co/MTVqo9G1F6
Comprácenos anunciar unha nova emisión do noso telexornal escolar TV-Inclán! Nesta edición, os nosos novos presentadores e presentadoras tráennos noticias frescas e emocionantes sobre a vida no noso colexio.
https://t.co/SLX8WlbfYu
Achégase un dos momentos máis emocionantes do ano no noso colexio: o casting para elixir aos novos presentadores e presentadoras do noso telexornal escolar!Como cada ano, buscamos a mozos e mozas entusiastas, con ganas de comunicar, divertirse e aprender!
https://t.co/kFFiiQ2JKS