O CPI da Picota acaba de ser recoñecido cunha Mención de Honra nos Premios INNOVAGAL polo seu proxecto "Costumes e tradicións nos países de fala inglesa". Moitos parabéns!
https://t.co/cGnO5OaUDC
A vindeira fin de semana, Adisbismur celebra na Casa de Cultura unha nova edición do seu #festivalbenéfico. Bailes, música e bo humor garantidos, sempre por unha boa causa.
O temporal non puido coa ilusión da nosa rapazada! 👑🎁
Malia a intensa chuvia e vento, os #ReisMagos non quixeron perder a recepción real no recinto feiral da Picota, onde atenderon aos desexos de todas as nenas e nenos e, por suposto, repartiron agasallos.
#nadalMZ
A situación meteorolóxica obriga ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente a gardar o tractor este ano, pero as nenas e nenos de Mazaricos seguen estando convidados a unha tarde cos Reis no recinto feiral da Picota, con agasallos e chocolatada.
Os Reis Magos visitarán o próximo domingo Mazaricos para traer ilusión e moitos agasallos. Se o tempo o permite, farano coa tradicional #GranTractoradadeReis.
Se a chuvia non o permitise, só se celebrarán as actividades no recinto feiral.
#NadalMZ
Esta tarde, logo da Carreira do Leite, celebramos unha nova edición do #BrindeLeiteiro de Mazaricos. Ven despedir o ano na mellor compañía!
Ás 6 da tarde diante do Concello.
O Torneo Interparroquial #Futsal de Mazaricos disputado a pasada fin de semana saldouse coa vitoria do equipo de Coiro, con Beba e Mazaricos no 2° e 3° posto. Parabéns! 🎉👏
#deporteMZ#NadalMZ
Últimas horas para inscribirte na VII Carreira do Leite de Mazaricos! O prazo pecha na medianoite de hoxe, 30 de decembro. 📣✍️
👉 Non perdas a carreira máis divertida do ano e anótate aquí: https://t.co/VeON0dTx4a
#NadalMZ
En fin de ano, sube no bus! 🚍
Un ano máis, o Concello pon en marcha un servizo de transporte en bus para as celebracións de fin de ano. 🎉
✍ Inscríbete no teléfono 687775672 ou neste formulario: https://t.co/STKv2xkiCb
Esta tarde, as nenas e nenos de Mazaricos teñen un plan moi divertido: unha fantástica festa infantil con parque de inchables e moitas sorpresas!
Ás 5 da tarde no recinto feiral da Picota.
#NadalMZ
Lembra que podes inscribirte na VII Carreira do Leite de Mazaricos e vir despedir o ano presumindo do noso.
📣🕟 Moi importante: o horario da carreira móvese á tarde. Será desde as 16:30h, co Brinde Leiteiro a partir das 18h.
✍️ Inscricións: https://t.co/xrunC936es
#deporteMZ