Os alcaldes de #Moraña e Portas, José Cela e Ricardo Martínez, reuníronse para abordar a posibilidade de unificar ou cooperar en servizos públicos, especialmente no Departamento de Obras aínda que tamén noutras áreas, co obxectivo de mellorar a súa eficiencia de cara aos cidadáns
O goberno de #Moraña está a entregar un lote de máscaras infantís nos centros educativos para axudar na protección da cativada fronte á Covid-19.
O alcalde, José Cela, -na imaxe coa edil Norma Caldas en Espedregueira- anunciou que proximamente farase outro reparto similar.
O alcalde de #Moraña, José Cela, vén de anunciar a conxelación total dos impostos e das taxas municipais do Concello para o vindeiro ano no marco do inicio do proceso de elaboración dos Orzamentos 2021, que comezarán a ser preparados polos servizos técnicos.
Os alcaldes de #Moraña e Cuntis, José Cela e Manuel Campos, mantiveron un primeiro encontro para analizar e implantar vías de cooperación interterritorial co obxectivo de reforzar os servizos públicos, algúns dos cales son comúns a ambos municipios, e reducir os seus custos.
O Concello de #Moraña informa de que a incidencia da Covid-19 baixou nos últimos días no noso municipio, polo que volvemos a situarnos no Nivel 0, pero en calquera caso solicitamos a máxima prudencia para seguir contendo a súa transmisión.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
O Consello da Xunta aprobou o canon anual de explotación polo Encoro do Umia, que reportará ás arcas municipais de #Moraña algo máis de 130.000 euros para actividades culturais e de asistencia social.
O programa “#Moraña Actívase”, impulsado polo Concello para axudar á reactivación do comercio, a hostalaría e as pemes, vai abonar as axudas municipais aos seus 85 beneficiarios neste mes e a súa campaña promocional xa rolda as 100.000 persoas de alcance.
https://t.co/fYKmad8lpN
O Concello de #Moraña informa de que, no marco do novo Plan de Obradoiros de Servizos Sociais, o vindeiro 19 de outubro vaise poñer en marcha o de Relaxación Física e Mental, no que se abordarán de xeito natural os problemas da ansiedade e o estrés.
O Concello de #Moraña vai reforzar a atención a dependentes e maiores incluíndo un novo incremento de horas no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), de algo máis do 35%, no novo contrato, que entrará en vigor a comezos de 2021 e cuxo expediente de licitación foi aprobado polo pleno.
O Concello de #Moraña informa de que a incidencia da Covid-19 no noso territorio mantense en Nivel 1 e que os casos positivos permaneceron estables durante esta fin de semana de ponte, o cal, con toda a prudencia, é unha boa nova.
Grazas pola colaboración e pola prudencia.
O Concello de #Moraña informa de que a Xunta abríu o prazo de solicitude de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, que permanecerá aberto ata o 1 de decembro e que se orientan a empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións.
https://t.co/kU949HsjQj
O Concello de #Moraña vai activar de novo diversos programas de Servizos Sociais e Igualdade coa posta en marcha dos "Encontros de Mulleres", que arrancarán o vindeiro 15 de outubro e desenvolveranse os luns e xoves ás 18.00 horas.
O Concello de #Moraña quere informar á cidadanía de que a Xunta de Galicia vén de situarnos no Nivel 2 de incidencia da Covid-19 pola aparición de varios casos positivos no CPI Santa Lucía durante os últimos días.
O Concello de #Moraña informa de que activouse o protocolo Covid-19 no CPI Santa Lucía pola aparición dun caso positivo.
O alcalde, José Cela, que apelou á tranquilidade, mantén un diálogo constante coa dirección do centro e ofreceulle a máxima colaboración e dispoñibilidade.
O Concello de #Moraña recibíu, a través do alcalde, José Cela, e das concelleiras Norma Caldas e María José García, a primeira visita institucional da nova delegada da Xunta en Pontevedra, a ex rexedora Luisa Piñeiro, para abordar cuestións e proxectos do executivo galego.
O Concello de #Moraña vai elaborar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) que determinará a situación do municipio nesta área e co que se pretenden artellar diversas medidas que permitan reducir as emisións de CO2 e a contaminación.
https://t.co/kskL16nMlc
José Cela Camiño foi escollido onte á noite polo pleno da corporación de Moraña como novo alcalde e tomou posesión co protocolario acto do bastón de mando anunciando que o goberno vai manter unha liña continuista centrada nas áreas de obras, emprego, servizos sociais e saúde.
O Concello de #Moraña celebra hoxe o pleno ordinario de outubro, que servirá de sesión de investidura coa elección de novo alcalde en substitución de Luisa Piñeiro. Na sesión, que comezará ás 21.30 horas, o goberno proporá a candidatura de José Cela Camiño, como novo rexedor.
O Concello de #Moraña informa de que os cursos de inglés 20/21 aínda dispoñen de prazas libres nalgúns niveis.
Máis información e inscricións na Biblioteca, no mail [email protected] ou nos teléfonos 986 55 28 09, 986 85 12 25 ou 698 133 512.
https://t.co/X8JGLU2G4s
O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV vén de concluír as obras de remodelación do edificio dos vestiarios das piscinas municipais de #Moraña, que só está pendente da chegada das novas portas para a súa colocación, e do local cultural de Chan de Amil.