♥️ Alicia Fernández ♥️ le un poema de 'Mamá pelicano', libro gañador do XIX Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño (2019) que verá a luz en Espiral Maior (@FernanVello) nos próximos meses.
#DiaMundialdaPoesia (e #acasainfinita!)
A historia demostra que ningunha coro(n)a impide que tarde ou cedo o povo brinde: xa está todo preparado para o Polvorín de Versos (22) , esta noite a partir das 21:30 na Chan da Pólvora Libraría!
Hoxe, 27 de febreiro, a partir das 20:00 inauguramos "que hora é aí" de Nicolás Dojman. Unha serie de 12 collages dixitais e contactaremos co autor vía skype para que nos conte todo dende Buenos Aires.
Mañá, 19 de febreiro, recibimos na Chan a catro poetas de lonxe para o Polvorín de Versos (21): Lucía Cernadas, Genaro da Silva, Nieves Neira e Chus Pato...Non falten!
Xa podedes mercar o novo poemaro da nosa querida Arancha Nogueira, "Dente de leite" (XERAIS, 2020), merecedor do XXII Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu.
Un agasallo fulgurante!
A Editorial Caldeirón ven de sacar "Lugar de incendios" (2020), poemas e debuxos do sempre lembrado Paco Souto e músicas de Serxio Moreira!
#novidadesdapólvora
-Mércores, 19, a partir das 21:30 Polvorín de Versos (21) con Lucía Cernadas, Genaro da Silva, Nieves Neira e Chus Pato.
-Xoves, 20, a partir das 20:30 Presentación de Beleza, verdade. Pila Pallarés. Acompañarán á autora Miguel Anxo Fernán Vello e Anton Lopo.
Na mañá de onte, Susana Arins pasou polo Diario Cultural para falar do "Seique" (Através Editora, 2019) co gallo da súa 2ª edición ampliada / Esta tarde, podedes ouvila na Libraría Chan da Pólvora a partir das 20:30.
Diario Cultural do día 11/02/2020 https://t.co/Buem9PGZhF
I Premio de Poesía Filomena Dato, organizado polo @ConBergondo e coordinado por Apiario.
Aberto o prazo ata o 15 de abril.
Toda a info en
https://t.co/EN2UETIouF
https://t.co/rs4ceEvp5M
🌿✒️🐝
Fermosa semana na Chan:
-Dia 12, quarta-feira, às 20:30, Lançamento de Seique 2ª Edição Ampliada de Susana Sanches Arins. Apresentará o ato Xosé Antom Serem.
-Xoves 13, ás 20:30, Presentación de revoltos anos vinte de Belén Senín. Acompañará á autora Pablo Rodríguez
Esta semana recomendamos:
-"Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol" (Ámboa, 2018), María Corral Fernández / Nieves Neira (Editoras).
-"Los muertos y los vivos" (Bartleby Editores, 2006) de Sharon Olds.
#recomendamospólvora
Aínda non coñeces o noso recuncho para tomar un té namentres te adicas a ler a poesía do noso fondo? "Quédate Medusa" é unha proposta de espazo de lectura que vos ofrecemos en compaña dun dos nosos pubs favoritos, A Medusa Pub!
Hoxe lendo a Arancha Nogueira!
Cando repoñemos os fondos que nos manda a Cambalache -el local- sentímonos coma égoas / cabalos enormes! Ensaio crítico, feminista, insubmiso, propositivo...
#achantaménensaia
Esta semana recomendamos:
-"Libro de Alicia" (Espiral Maior, 2008) de Olalla Cociña Lozano.
-"Ladakh" (Ediciones Liliputienses, 2019) de Francisco Alatorre Vieyra.
#recomendamospólvora