“Este tema da relixión da Idade do Ferro é o último queixiño do Trivial que había que colocar”, conta Concheiro. No castro das Barreiras teñen crer atopado un espazo, entre a muralla e os castros, que pode ter que ver cun uso de culto.
https://t.co/4AShCbmHts
Este sábado 6 de xuño, A Coruña convértese na capital do fútbol gaélico coa celebración do Campionato Ibérico 🏐🍀
Os mellores equipos da Península daranse cita na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias para vivir unha xornada chea de deporte, emoción e espírito de equipo.
O CIAG presenta a WEB, resultado de 15 anos de virtualización do patrimonial, con + de 200 edificacións históricas e navegacion 360° por lugares emblemáticos de Galicia en 3D: o Castelo de Rochaforte, a Citania de San Cibrao de Lás, e o vello Portomarín.
https://t.co/LMrkF4w5lE
🔹O 26 de abril, no día no que se cumpren 180 anos dos Mártires de Carral, estreamos🎥𝟭𝟴𝟰𝟲 - 𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘂𝗰𝗶ó𝗻 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮.
👉Vémonos no Teatro Principal de Compostela ás 18h para lembrar e render homenaxe a un dos fitos máis importantes e descoñecidos na nosa historia.
Xa temos aquí a axenda coa programación do mes de abril !
19 días de actividade con espazo para a presentación de libros, o cine, o feminismo e unha retrospectiva sobre un grande das nosas letras.
Hai uns días celebrouse en Lalín o Congreso de Arqueoloxía do Deza. A @CastelosNoAire e a min pareceunos que era unha boa excusa para comezar a estudar as pontes milenarias da comarca do Deza, principais testemuñas civís da Alta Idade Media galega. E atopamos cousas interesantes.
@CastelosNoAire 4. Máis extraño aínda: non aparecen os promotores, senón esa enigmática terceira persoa plural: "FIXERON".
5. E, pouca broma, con ese ISTA PONTE xa se insinúa o romance, a nosa lingua galega, hai 1100 anos. . En latín clásico sería: fecerunt hanc pontem. Como nos queda o corpo?
Festa da Carballeira de Zas
41ª edición
Como novidade nesta primeira fase, a venda ábrese sen anunciar aínda o cartel desta edición. Para premiar esa confianza do público, habilitaranse prezos especiais para os primeiros abonos, cun sistema progresivo :
https://t.co/36gDmCgtbG
Con moita ilusión preséntovos o meu novo libro:
Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega.
Unha viaxe entre estradas, montañas e libros ao longo de dous países con historias comúns, camiños paralelos e diverxentes. Está editado con @MorganteEds.
Cóntovos máis 👇
A todos nos encanta o equinocio na capela de san Miguel de Celanova, pero había algo que quería visitar. Por onde sae ese día ese sol que atravesa a vella capela de Rosendo e Aldara? Porque ese día o sol amence por un l ugar moi especial, como me lembraron os amigos de Celanova.
Veño moi intrigado de visitar o pazo de Vilar de Francos (Carballo). Foi o (segundo) solar da familia dos Pardiñas, que ergueron unha torre aquí despois de que o duque de Arxona destruíra o seu castelo de Razo no s. XV. Hai algo que define a esta familia: a memoria e os monstros.
Novo episodio do meu podcast Na volta da Folla!
Entramos no val do Salas (Ourense) para coñecer co historiador Juan Manuel Galiña as testemuñas arqueolóxicas e documentais da conflitiva formación da fronteira entre os reinos de Galicia e Portugal.
Link no seguinte chío⬇️
Para cantarlles as novas aos veciños da aldea, aquel paporroibo pousaba ao carón do vello símbolo que os veciños rescataran con coidado do lugar dos antigos e puxeran no lugar máis destacado, como un orgullo colectivo.
E ese trisquel ten tres cousas especiais.
Mañá xoves 11.
Local social (bar) da comunidade de montes de san Isidro de Posmarcos.
Calzado de monte (non hai que dicir por que)
E ides ver en primicia cousas bonitas dun castro que comeza a contar a súa historia. Iso garantizado.
En febreiro de 1669 Cosimo III de Medici, príncipe herdeiro da Toscana, entrou en Galicia cunha corte de nobres, cronistas e artistas. Un deles, Pier Maria Baldi, deixounos os máis fermosos debuxos das cidades e vilas galegas da época.
Sempre quixen que cobraran vida.
Xa teño contado algunha vez que a visión romantizada que hoxe temos dos mosteiros medievais non se corresponde coa memoria popular. Alí onde había un mosteiro galego recolles historias terribles sobre a depravación e a tiranía dos frades sobre as xentes.
Teño un caso novo.
@nnxxgalicia@NNGGPontevedra@NNXXCorunaprov@NNXXOUProvincia@NNXXLUGO_@ppdegalicia Sabías que no 1991, cando estaba facendo a primeira comunión Amaia Montero, Feijóo xa ocupaba un carguiño como secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura na Xunta de Galicia? Aínda así non sabía por que as vacas teñen todosa nomes femininos.