A aspiración máis ambiciosa que teño na vida é chegar a poder comprar todas as casas case en ruinas que hai na miña aldea e regalarllas aos meus amigos e amigas para que montemos unha comuna súper chuli na que poidamos sentarnos todas as noites cunha cervexa a ver os anoiteceres
Meu pai e minha nai a piques de tirarse dos pelos (meu pai é calvo) porque a raíz dunha pregunta do atrápame se podes están discutindo si se pode xogar ao tute con 40 ou con 36 cartas
Eu que sei, tou ata o carallo de frustrarme con certos temas, así que vou ponherme un chupito de licor de membrillo e a ranhala, recordade non gastar enerxía como a gasto eu pa darme de fronte contra un muro de 10 ladrillos de gordo
Levo aproximadamente dúas horas discutindo con meus pais sobre temas como a okupación, fondos buitres, rescate bancario, acceso á vivenda, condicións laborais, precariedade e demáis putas desgracias que lle afectan especialmente á mocidade e non hai forma de facer que DUBIDEN
Non sei se me explico pero é que é verdadeiramente agotador ver como reproducen discursos que son completamente alleos a eles, ás súas circunstancias e especialmente á súa clase
@Marteeeeeta @sonmeiga_ "Non por nada pero creo que vos estades confundindo, the best of both worlds é de Miley Cyrus, non sei se a conhecedes, está chida la música que hace, dádelle unha escoita"
Que agora están falando sobre o preocupante que é que o felipe vi se morda as unhas, eu escarállome vivo hshdhshshshshshshahhqahahaahbahahahajajajajsgdhsshshshhshshshsh
Imaxinemos por un segundo que che entran ganas de cagar, para min é un momento demasiado íntimo como para compartir con alguén, por moi chuli que sexa o pixama