Ante a imposibilidade de seguir desenvolvendo as nosas actividades con normalidade vémonos na obriga de anunciar que o Liceo Mutante ten que marchar de Afonso XIII.
Se vos cadra ben vémonos e aínda lle tomamos unha!
O cartaz do Liceo fíxoo o amigo Xaime, para o da Gentalha fusilei un cacho dunha litografía de Pierre Soulages
Levan 20 anos percorrendo o mundo de xeito autónomo, gravando e colaborando con todo quisque (de Thurston Moore a Takehisa Kosugui, de Bill Nace a Dror Feiler, Brandon Lopez, Chris Corsano, Mette Rasmussen ou Arrington de Dionyso)
O mércores estarán en Pontevedra, no Liceo, e bótolle antes unhas pezas.
O xoves levan o amonal até a Gentalha en Compostela, e abrimos o Hoàn Văn Thái Ensemble, nova escisión foquista do vietcong
Outro domingo que non imos a misa!
Grazas á boa xente de Colapso Colectivo
Canda os amigos de Chapa e a gran Nina García
Na fantástica Libraría Aenea, recuncho para o pensamento crítico no ensanche compostelán.
Comezamos o ano acompañando aos amigos Ibon Rg e Enrike Hurtado nun par de datas
O venres montamos un comando autónomo con Che para ir papar frío a Salamanca
O sábado, xa co Võ Chí Công Ensemble ao completo, imos da man de Colapso á libraría Aenea, únese á festa tamén Libredón
A súa forza caótica e luminosa, a liberdade, a hospitalidade, a enerxía, a solidariedade, o traballo a prol dun mundo máis vivible, das músicas libres e inusuais, o espazo aberto e acolledor que creou quedaron marcados a ferro entre todas as xentes que por alí pasamos
Hai uns días, o Võ Chí Công Ensemble visitou o Liceo Mutante para participar nun acto por Palestina canda O Leo (folk punk de intervenção) e As cousas que arden (spoken punk electrónico). Eis o concerto (a partir do minuto 35, O Leo), vía @pepeelgras:
https://t.co/Ln4UYb0Ey8
Võ Chí Công Ensemble no Liceo Mutante o 22 de novembro, durante O Nacemento dura máis do que a morte, xornada pola autodeterminación de Palestina e contra o xenocidio israelí, onde tivemos a sorte de compartir tarde cun lote de xente amiga
O vídeo é do compi Lorenzo, grazas!
Ha fallecido Paolo Virno (1952–2025) 💔, filósofo y militante revolucionario, uno de los exponentes más notables de la autonomía obrera italiana.
Rest in power, maestro.