Esta é unha mensaxe clara: o Estado dos capitalistas e todas as súas ferramentas están comprometidos coa impunidade de figuras como Vito Quiles. Somos nós os que temos que poñernos do lado do antifascismo e soster na loita os nosos dereitos políticos.
Nestes tempos de crise, é máis que evidente que estamos a ver unha volta dos movementos fascistas e reaccionarios que buscan amedrentar as capas máis vulnerables da clase obreira.
Dende a AMT Basquinhos lanzamos unha campaña sobre a importancia da loita antifascista 👇🏽
Onte, as rúas da Galiza pechan o mes de maio como o abriron: mobilizándose contra a guerra imperialista e o rearmamento.
Nos últimos meses impulsamos diversas dinámicas de loita para construír unha resposta socialista fronte a esta escalada. É un bo momento para facer balance👇
O titular nunca sería que existe rexeitamento aos españois por culpa dos delitos que cometen uns poucos, polo que sexa.
Lexitimar a narrativa do migrante bo e o migrante malo é racista.
As mozas traballadoras do país temos o deber de facer fronte a esta política burguesa e asasina que se nos pretende impoñer.
Debemos organizarnos en chave revolucionaria para resistir esta vaga fascista e artellar a nosa resposta
Unha mostra máis do que, xa nos quedou claro estas dúas últimas semanas, estamos a vivir: a auxe da ideoloxía fascista
Vímolo nos ataques homóbofos e machistas, nas mortes laborais e nos desprezos á memoria obreira, como o ataque a estatua de Moncho Reboiras
Unha ideoloxía que ataca aos sectores máis vulnerables da clase traballadora, como ao proletariado inmigrante e racializado.
A burguesía, ademais de privar ás nosas compañeiras de mínimos vitais, promove un discurso de odio cuxas últimas consecuencias son ataques como o visto
Os discursos fascistas disparan a violencia na rúa contra os máis vulnerables. Síntense impunes e aumentan as agresións. Hai que facerlles fronte de xeito integral: paralos nas rúas, cortar o seu impulso mediático e combatelos politicamente con organización proletaria.
🔴 | ENCHAMOS AS RÚAS CONTRA O DESFILE MILITAR. NIN UN EURO PARA O MILITARISMO
Este 30 de maio, ás 12:00 h desde Vía Norte, mobilizámonos contra o desfile do exército español en Vigo e contra a propaganda militarista e españolista que pretenden exhibir nas nosas rúas.
🔴 Dende CMS Vigo facemos un chamamento a asistir este xoves 21, ás 20:30 h, á concentración convocada fronte ao Concello de Cangas.
Saiamos á rúa para condenar este tipo de agresións!
Hoxe morreu un traballador en Rante, 12 días despois de que un mozo en prácticas morrera aplastado en Lugo. Esas mortes que non contan porque se dan por normais. A normalidade que é morrer no curro sen as proteccións necesarias e para enriquecer a quen nunca sofre.
@AladioMilhomes Igualmente, se cada que o 29 andas por Compostela e tes máis dúbidas, ao mellor aclaras máis vindo a presentación!
(E desculpa os tres tuits, a cousa do límite de palabras é un peñazo)
https://t.co/13RsL453oV
O próximo venres 29 de maio presentamos o Centro Socialista A Estrela no barrio de Santa Marta, en Compostela.
Contaremos con cea popular, agardámosvos!
Ante a ausencia de espazos de control proletario no país, damos un paso para dotar á nosa clase dos medios necesarios para unha política indepente
Nace así o Centro Socialista A Estrela
As estrelas tamén se acenden 🚩
@AladioMilhomes Nesta mesma liña e facendo por esclarecerche a outra dúbida: é indepentente en tanto atinxe a un proxecto político maior subordinado aos intereses da clase traballadora
Desde fai un tempo hai unha xeración militante que traballa na Galiza por ampliar o espazo de posibilidade para a práctica revolucionaria das traballadoras.
De aí, bebe o noso compromiso por reforzar os espazos necesarios para que esta se poida organizar de forma independente.
En resumidas contas, Goretti Sanmartín afirma que a represión aos colectivos políticos se atopa como unha prioridade dentro da súa axenda.
Coa excusa da limpeza e do coidado da cidade, buscará intensificar (aínda máis) a presión sobre as que fagamos unha política independente.