✨ Cartaz do #Festigal2026
A esencia dun festival comprometido que quere brillar coa luz propia, feito do traballo colectivo e a colaboración de todas e todos, desde os artistas, asociacións, editoriais e o noso voluntariado 🩵
Obra máis un ano do deseñador Bruno Lopes Teixeiro
No coloquio de hoxe, Bieito Lobeira alertou da normalización do militarismo e o exército español en vilas e escolas galegas, dos recortes asociados ao investimento militar e da súa intención españolizadora na #Galiza. E chamou a encher Vigo este sábado contra o desfile militar.
Tes unha asociación e queres participar no Festigal 2026❓
📨 Envíanos a túa proposta ao correo [email protected] para ser parte do gran evento da cultura galega no 25 de xullo
208 anos do nacemento de Karl Marx. Diante desta efeméride non debemos esquecer que o obxectivo do marxismo é transformar o mundo; unha transformación que no noso caso virá por medio dunha Galiza Soberana e Socialista.. #Marx
Fuego Lolita gaña o concurso dos Novos Valores e actuará abrindo o #Festigal2026 o 24 de xullo.
Parabéns a todas as bandas finalistas e ás que se presentaron nesta edición🌟
🇨🇺 Cuba non está soa! Galiza mobilízase en defensa da soberanía de Cuba e frente a agresión imperialista e o criminal bloqueo que pretende afogala. #CubaVencerá!
Este martes 7 de abril, 31 localidades galegas sairán ás rúas convocadas por #GalizaPolaPaz para denunciaren as continuas agresións do imperialismo, a violación da súa soberanía e da paz, e as consecuencias nefastas para as vítimas directas e para os pobos de todo o mundo.
Saímos ás rúas por toda a Galiza para denunciar unha nova guerra longa e perigosa. A agresión contra Irán fai parte dun patrón global de dominación imperialista que xa coñecemos demasiado ben. Non imos ficar caladas nin calados.
#GalizaPolaPaz
📸 Compostela, Vigo, Ferrol, Lugo
A voracidade imperialista dos EUA de Trump está a 'normalizar' non xa as guerras de rapina senón tamén secuestrar presidentes e asasinar dirixentes de estados soberanos. En defensa da Paz, da humanidade e da soberanía dos pobos, é preciso fortalecer a resposta anti-imperialista.
Condenamos o novo ataque criminal dos EUA e Israel contra o Irán, que só busca controlar o petróleo e dominar a rexión, e pode levar o mundo ao abismo. Esiximos respecto á soberanía dos pobos para decidir o seu futuro e rexeitamos calquera inxerencia imperialista #GalizaPolaPaz
Saudamos ao pobo saharaui e á @Polisario_ na conmemoración dos cincuenta anos da República Árabe Saharaui Democrática, que se mantén firme na esixencia do remate do proceso de descolonización, e do dereito a exercer a Soberanía plena sobre o conxunto do seu territorio.
Tes unha banda en galego de xente moza? ⬇️
📝 Abrimos as inscricións para o X concurso Novos Valores!
Envía os teus traballos até o 23 de marzo, o grupo ou artista gañador abrirá o Festigal 2026 🎶
https://t.co/DYvi1XMMaR
Hai 189 anos naceu unha persoa fundamental na historia de Galiza. Seguir lendo a Rosalía permite sempre descubrir novos aspectos da súa obra.
Escritora, feminista, patriota e sempre reivindicativa. #DíaDeRosalía
Onte mantivemos unha reunión coa @ConsuladoCubaGa, na que ademais de reiterar a nosa solidariedade definimos actuacións para intensificar o apoio ao pobo cubano, que se mantén firme defendéndose das novas agresións imperialistas dos EUA.
Por iniciativa do @pcp_pt, máis de 90 organizacións políticas de todo o mundo, entre elas o noso Partido e @obloque, asinamos a Declaración Conxunta <<Fim à escalada de agressão dos EUA contra Cuba!>>
https://t.co/ybvDHUgUY3
Hoxe acompañamos @s compañeir@s de @sortuEH na clausura do seu lV Congreso; desexámoslles un bo traballo no camiño da liberación de Euskal Herria, saudamos á nova dirección con @IraolaXabier á cabeza, e trasladamos unha forte aperta a @arkarodriguez, que deixa a secretaría.
Condenamos o bombardeo de Venezuela por parte dos EUA. Mostramos a nosa solidariedade co goberno e o pobo venezolano diante desta agresión imperialista.
Pola Paz Mundial e a Soberanía dos Pobos.