Conta oficial de Ponteareas en Común. Participación, ecoloxismo e feminismo para colocar os coidados no centro. Servizos públicos, de todas e para todas! 💜💛❤️
⬇️BUZÓN DE SUXESTIÓNS⬇️
Moi boas, xente! Desde Ponteareas en Común pretendemos que este espazo tamén sexa teu.
Este tweet será o caixón virtual de suxestións. Contesta co que te preocupa ou co que queres que abordemos. Tamén podes facelo por mensaxe privada.
Participa! 🔻🟣
Juan Carlos González Carrera referiuse a min no pleno de onte, afirmando que mentía sobre a financiación do seu partido. Non te preocupes JC, hoxe imos recordalo para que non existan dúbidas 😉
O que acaba de acontecer hoxe no pleno de Ponteareas é o exemplo claro da actitude antidemocrática do @PPdePonteareas, @castro_domingue.
Traballadoras do SAF en folga, pleno a porta pechada, expulsión da oposición do pleno e 15 axentes da policía.
Dentro fío😁👇🏼
Moi curioso todo, non? 🤔 Será que os fíos do poder se tocan neste tipo de encontros? Nunca o saberemos… 🤨
Que opinades deste novo episodio de ocultismo do goberno PP🔵-ACiP🟢-IP⚫? Lémosvos 👇
ESCÁNDALO NO GOBERNO
Coñeces o último escándalo do goberno de Ponteareas? Acompáñanos neste pequeno fío para afondar no lado escuro do tripartito 🔵🟢⚫ encabezado por Nava Castro. Vínculos con corrupción de Venezuela 🇻🇪, pouca transparencia…
⬇️
O asunto conta con varias “curiosidades”. Por un lado, o PP 🔵 non quere amosar a listaxe de convidados. Por outro, cando dende PeC 🔻🟣 lle preguntamos polo tema no pleno de agosto, dixeron que a comida fora gratuita pola caridade dun veciño e que se trataba dunha colaboración.
4️⃣ Saneamento de Ribadetea
O BNG e PSOE presentaron unha moción para que comencen as obras do saneamento de Ribadetea. Nava Castro prometeu en campaña electoral sanear todas as parroquias nos primeiros dous anos, no primeiro non saneou nin unha. TicTac, cumplirá a promesa?
RESUMO PLENO DE SETEMBRO
O pasado 24 de setembro celebrouse o pleno do Concello de Ponteareas e imos facerte un pequeno resumo sobre o acontecido ese día. Ademais, nas vindeiras semanas explicaremos mellor cada un destes puntos.
Dentro fío 🧵
3️⃣ Patrocinio do concello
O goberno de Nava Castro neste punto aprobou unha ordenanza para permitir ingresar diñeiro de fondos privados nas arcas públicas, o que está claro que consiste nunha privatización en toda regra.
O GOBERNO DE PONTEAREAS USA AS XUNTAS DE GOBERNO LOCAL PARA ENRIQUECERSE.
A anterior XGL do día 3 de setembro durou 11 minutos e 3 concelleiros cobraron 110€ cada un.
O Concello de Ponteareas leva gastado un total de 12650€ cunha media de 14 minutos de duración nas XGL.
Esta moción foi rexeitada por PP e ACIP, mostrando unha vez máis o seu escaso compromiso na loita contra o cambio climático e as necesidades de progreso ás que nos enfrontamos.
MOCIÓN PUNTOS LIMPOS
No anterior pleno de xuño presentamos unha moción para a creación dun novo sistema de recollida de residuos que aposte por un modelo descentralizado e sostible para cubrir as necesidades da cidadanía e dos novos tempos.
Dentro fío 🧵
Trátase dunha medida que facilita a separación dos residuos do fogar que deben ter unha xestión diferenciada, por ter compoñente perigosos, que poden contaminar, ou ben polo seu tamaño, ou simplemente, que tamén é importante, porque poden reutilizarse unha vez recollidos.