A comezos do s.XVII o cura de Crecente, o ourensán Gregorio de Lobariñas Feijoo, escribiu dúas crónicas en lingua galega sobre a historia do Reino de Galicia: "As galegadas" (1616) e "A história de Galicia" (1626).
Máis información:
https://t.co/D2fkFRDaLK
A ORIXE DA IGREXA VELLA DE MUGARES (#Toén). Chamada na súa orixe San Martiño de Louredo: Igrexa ou Mosteiro fundado polo abade Senior en tempos do monarca Afonso II. A mediados do século IX o abade Astrulfo, sobriño e
sucesor de Senior, indicará que⬇️
🗣️ Saímosnos hoxe un chisco 😉 da nosa temática habitual, pero é que a peza paga a pena ‼️
✅ O reinado de Sancho Ordóñez, monarca de Galicia, foi certamente breve. Soamente tres anos (926-929), que aínda así bastaron para conservar pegadas do seu nome na epigrafía galega.
Unha das pezas que máis impactan de #pontevedranotempo é este Santiago sedente, posiblemente o Santiaguiño do Burgo. É unha escultura extraordinaria de finais do século XIV ou XV, testemuña da relación entre a cidade e o seu señor na Idade Media, o arcebispo de Santiago. 🧵
⚒️ Entrevista a Eduardo Méndez Quintas
En Galicia, como noutras zonas graníticas, funciona moi ben o método da luminiscencia ópticamente estimulada e o da resonancia paramagnética electrónica
https://t.co/FUTwFmm3tc
1/ O prolífico tema das illas do Alén situadas a oeste, alén da novena onda, parece estar na orixe dun xénero peculiar da literatura medieval irlandesa: os famosos "immrama", relatos sobre relixiosos que navegan na procura do Paraíso, entregados á vontade da Providencia.
Xa temos falado de Elba, esa muller prehistórica que se coñeceu grazas aos seus restos conservados nunha cova do #Courel, e cuxo estudo e divulgación trouxeron polémica.
Como sabedes, o C-14 díxonos que Elba morreu hai uns 9.300 anos, VII milenio a.C…➡️
https://t.co/PMfOZEyNh6
📸Fotografías da cabana da croa do Castro de Trelle antes de que desaparecera polo ancheamento da pista forestal, estas foron cedidas por un veciño do concello de Barbadás.
Aínda contan moitas testemuñas que no Castro de Trelle había un buraco na croa no que tirabas un coio e tardaba moito en chegar ao fondo (algúns din que non tiña fondo).
🧓🏼: "Como era de ancho o furado? Pois o suficiente para que caera por él unha ovella pero non un boi...."
Pedro Vidal, veciño de Moreiras e natural de Trelle, contounos coma de nenos os deste último lugar subían ao Castro e xogaban alí:
🗣️: “Subiamos alí a xogar que nos atacaban subindo polos muros (fai o xesto de disparar cunha pistola👉🏼)".⬇️
Hoxe pola mañá presentamos os produtos divulgativos do noso proxecto Finis terrae. En https://t.co/v5dLn5n5mP levamos dez anos apostando pola divulgación da investigación pero desta volta, grazas ao apoio da área de Patrimonio da @depocoruna fumos algo máis alá. Queres velo?
Hoxe os @RomanArmy_eu presentamos na Coruña os resultados do proxecto Finis terrae, no que exploramos as fortificacións romanas da provincia da Coruña. Creamos potentes produtos de divulgación: ilustracións, recreacións virtuais e mesmo un podcast!
1/ Cando me aburro, dáme por fozar en vellas historias de Irlanda, case sempre (non volo negarei) á procura de referencias a #Galiza. E nesta que vedes na imaxe aparece unha tan curiosa como suxestiva ⬇️
Cóntovos.
Conmemoramos en setembro un centenario que provén do outro lado do mar #Céltiga. Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades. Cabeceira da emigración galega, editada en Bos Aires entre 1924 e 1932 en galego e en español. Serviu como punto de encontro á cultura->
Hai uns vinte anos, en #Amesbury, suroeste de #Inglaterra, achouse un enterramento do ~2300 a.C. con puntas de frecha e enxoval tipicamente #campaniforme.
As análises moleculares emprendidas nos últimos anos sobre o «arqueiro» alí enterrado revelaron unha historia fascinante➡️
En #pontevedranotempo temos unha instalación da que fiquei moi satisfeito: unha representación visual dun dos grandes tesouros, ao meu ver, da cidade: a súa impresionante colección arqueolóxica de cerámica medieval e moderna.
CAMPAÑA DO CASTRO DE TRELLE: XORNADA 9ª
Seguen os traballos do equipo de Breogán Arqueoloxía e @Arbore_A na muralla do Castro de Trelle. Victor Rodríguez Muñiz resume a xornada.
(Desculpade a calidade do audio, están sendo unhas xornadas de moito vento).
Estes días lembrabamos dous termos moi do Barbanza, se cadra parte do rico conxunto de anglicismos que están normalizados na fala popular galega: ‘nique’ e ‘lofa’.
Os niques son as mellas, as pequenas roturas, e pode vir de ‘nick’, que quere dicir xusto iso.
Un ‘lofa’ é un insulto bastante duro na Pobra. Na miña casa sempre o sentín como ‘aproveitado, lacazán que tira proveito do que fan os outros e, por estensión, avarento irreflexivo’. Teríame toda a traza a que vén de ‘loafer’, un termo co mesmo significado de vago e preguiceiro. O curioso do insulto é que ‘loafer’ cobra pulo como termo de insulto nas relacións entre traballadores e xefes durante a época victoriana. Un lofa sería un xefe preguiceiro, un aproveitado que non traballa. É un termo moi das clases traballadoras británicas.
É moi chamativo como mesmo nos anglicismos da lingua galega da costa poderiamos distinguir ‘capas’ históricas que nos falan de diferentes estratos. Non son o mesmo os anglicismos de Palmeira, importados da emigración neiorquina dos anos 20-30 (termos de uso xeral, gastronómicos, de obreiros construtores), que se cadra algúns anteriores, derivados do comercio atlántico desde finais do XIX, e das relacións de tabernas e bares de portos de Galicia, os portos carboneiros de Gales, Plymouth e o sur de Irlanda (termos de navegación e sobre todo insultos).