Preto de 200 novos cargos directivos dos centros educativos Galegos participan dende hoxe nunha formación intensiva para afrontar con éxito a xestión dos centros @CAFIgalicia#equiposdiorectivos
No @CAFIgalicia estase a desenvolver unha actividade de formación específica para o profesorado de educación física entorno a orientación deportiva e a escalada nos centros educativos 🙌🙌😀😀
Aberto o prazo para a inscrición ao curso de formación para o desenvolvemento da función directiva que acredita para o acceso a postos de dirección en centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de Educación @CAFIgalicia
Este sábado 29 de xaneiro, 4 persoas da Inspección educativa falarán sobre a rendición de contas e a calidade educativa nos centros educativos e farán un resumo do marco específico da nosa comunidade autónoma no desempeño da función directiva dos centros @CAFIgalicia
Os cambios da sociedade fan necesarios cambios na educación. Debemos estar nun estado permanente de innovación e mellora. “Mellorar é unha palabra infinita” Santos Guerra. Da man de Amancio Novoa, inspección educativa na formación de futuras personas directoras @CAFIgalicia
Este sábado 22, da man da Inspección educativa, falaremos da rendición de contas e a calidade educativa nos nosos centros educativos. Calidade, transprencia, avaliación e plans de mellora. @CAFIgalicia
Mañá sabado 15 de xaneiro, máis de 200 docentes da dirección e xefatura de estudos compartirán unha xornada de formación con novidades importantes neste curso académico: Plan Dixital de Centro e Plan de Benestar Emocional @CAFIgalicia
👩🏫 Todas as persoas que conformades a comunidade educativa conseguistes que hoxe Galicia sexa un modelo a seguir. Un modelo educativo de excelencia, diverso e inclusivo
🌐 A educación é o motor do futuro galego. E o futuro é agora
🎥⬇️ https://t.co/eCileTrrFK
Jose Luis Mira, Secretario Xeral de Educacion e Formación Profesional, coas persoas directoras e das Xefaturas de Estudos, hoxe en Santiago nunha xornada de Formación Continua @CAFIgalicia