Atención, atención!!! Estamos na #CopaGeodiversidad22 -hai dous anos chegáramos á final-, participando cos cantís de Herbeira como exemplo de procesos erosivos costeiros. Podedes votar por nós até as 15:00h.
Herbeira é espectacular polas vistas, pero tamén paraíso das rochas ultramáficas e de materiais como a Cromita, a Magnetita, a Morenosita, a Zaratita, a Andradita... sen contar que embaixo está Teixidelo e que, segundo algunhas investigacións, a parte oeste ten un pasado glaciar.
Non aplaudo o presidente do Goberno español cando anuncia que envía efectivos militares ou armas, polo que é fácil entender que non aplauda o presidente de Ucraína cando pide máis armas. O BNG expresou o rexeitamento total á intervención militar rusa e pediu a súa retirada [1/7]
Hoxe traémosvos un vídeo ben cañeiro para falarvos da nosa estratexia para as áreas de Cultura, Deporte e Mocidade. Coméntannola unha veterana no goberno e dúas caras novas da candidatura: Amparo, Araceli e Ángela, quen tamén lle envía unha mensaxe á xente da súa xeración.
O BNG aposta pola sustentabilidade como eixo das políticas que se levan a cabo desde o Concello. Estamos no rural e debemos ve-la maneira de aproveitar todo o seu potencial. Manolo e Álvaro cóntannos cales son as liñas básicas do noso programa en desenvolvemento local e turismo.
Vertebrar o territorio e dotalo de servizos son obxectivos nos que vimos traballando desde 2007. Non é cousa dun ano, nin de dous, nin de tres... nin de catro. Por iso despois do #26M queremos continuar co proxecto. #coasideasclaras#máisSanSadurniño@obloque@BNGFerrolterra
Andan bloqueando ao bloque... Que cousas, non? Nós imos safando de momento... a ver o que duramos. Namentras, seguimos traballando. Coas ideas non hai quen poida.
Hoxe é venres, estamos en campaña e nas redes sociais de calquera outro concello seguramente atopedes grandes obras e asfaltados. Nas nosas non, xa que falamos de algo tamén moi importante e moi serio: as relacións tóxicas na mocidade @suprimeocontrol https://t.co/dhA9VmyWTI
"Eu vin a cara do medo reflexado nos ollos da xente. Ese medo froito da ameaza do traballo emprestado, do silencio debido, do ver oír e calar. O medo dos amos. O medo da renuncia a dicir o que un pensa".
Mini a dándolle unha lección de dignidade a @Mtelladof do @ppdegalicia 👌👏
Para acabar coa desigualdade e a violencia de xénero fai falla concienciación pero, sobre todo, traballar en educación. Por iso colaboramos co CPI de San Sadurniño achegándolle obradoiros nos que a rapazada aprenda a identificar estereotipos https://t.co/0NIZXM7onw
San Sadurniño é un deses lugares onde sempre te acollen cos brazos abertos. Gran resposta dos veciños e das veciñas ante a presentación da candidatura de @SecundinoGarcia. Un exemplo de bo goberno, honestidade e capacidade para transformar #ideasclaras#AgoraMáisBNG
Secundino García, o #namberuán da nosa lista por moitas razóns: por experiencia, pola visión que ten do territorio, pola súa cercanía e pola capacidade que ten para escoitar. Secundino, o noso alcalde e o alcalde de todas e todos, pensen como pensen, vótenlle a quen lle voten.
Nº2., María Muíño Volve á cabeza da lista animada a seguir co proxecto transformador iniciado hai 12 anos no eido do benestar, algo que hoxe debe ser prioritario para calquera goberno, e máis aínda nun concello pequeno e rural coma o noso. Benvida de novo á primeira liña, María!