O venres 28, Xurxo Esquío presentará a súa novela 'O secuestro de Brigantia' na Libraría Marxe da Estrada. Agardamos por vós ;-)
https://t.co/DhrwqgZjB8
"Apalpador vs. Papa Noel" é só unha das aventuras de @FMCimadevila en @contos_estranos en que Noa, a protagonista, descubrirá o mundo máxico que a rodea por terras do Courel.
https://t.co/Qbi1AD3kFw
Durante todas as festas, na @LCascanueces , tedes o volume 12 de @contos_estranos cunha sorpresa moi especial. Por cada exemplar que levedes, teredes un Hostal Norte de agasallo. Si, o Duncan é o puro espírito do nadal....
De volta nestas datas tan capitalizadas, lembramos a parte do noso catálogo dirixida aos frikis máis pequenos da casa. Se queredes levar á cativada polo mal camiño, non volo podemos poñer máis doado ;-)
Mañá, na presentación do último número da nosa revista en @LCascanueces , o Duncan agasallará a todos e cada un dos asistentes cun exemplar da súa novela Hostal Norte. Sen sorteos, sen compra mínima, sen a tarxeta de socio da FNAC... Animádevos! A cultura sempre ten premio ;-)
Presentación de 'Visitantes de alén da Lúa' na Libraría @LCascanueces da Coruña. Convocamos a toda a xente estraña que guste da ciencia ficción galega ;-)
Xa están dispoñíbeis a nova novela de Tomás González Ahola, a de Xurxo Esquío e o número 12 da revista na sección de Novidades da nosa web. Que mellor agasallo de nadal para esas amizades que queredes perder...
https://t.co/lCu9QvFGiD
Xa están na nosa biblioteca dúas novidades da @EdGalaxia: o libro-disco "A fiestra dos soños", de Manuel Boquete, con música de Ramón Feáns; e "As lembranzas perdidas do lago Antelväri", a proposta de @XoseDuncan para o lectorado xuvenil.
https://t.co/xjAtbsnpDI