Sempre é un pracer acudir á romaría da Nosa Señora da Mercé, na ermida de Bandín, e compartir o xantar cos veciños. Ademais, como é unha celebración moi vinculada coa zona de Barcala, onte tamén contamos coa compañía do alcalde da Estrada, @GonzaLouzao. Todos boa xente.
Unha representación do @PPdePadron asistiu hoxe en Cerdedo-Cotobade á apertura do novo curso político, que esperamos que sexa o do cambio. Toca traballar arreo para facer posible que o PP volva gobernar en España, con @NunezFeijoo como presidente, e tamén en Padrón.
O falecemento de Ana Castro deixounos a todos un sentir de tristura e inxustiza. En nome do @PPdePadron e no meu propio, quero trasladarlle o pésame aos familiares, amigos e veciños de Ana e, dun xeito especial, aos seus compañeiros do goberno local e do PSOE de Padrón. D.E.P.
A improvisación do goberno local coa execución dalgunhas obras no casco urbano é un auténtico despropósito. Na Praza Ramón Tojo é a terceira actuación que se leva a cabo nos tres anos que van de mandato, o que demostra unha absoluta falta de planificación.
Veciños de Estramundi avísannos de que hai un contedor de lixo que leva tirado máis dunha semana, deixando cristais no chan. Ademais, quéixanse da falta de limpeza na contorna, chegando a ter que limpar eles en varias ocasións. Agardamos que o goberno local tome nota e actúe.
Onte asistín a dous actos en diferente medida vinculados á memoria de Rosalía de Castro: a presentación da proposta do novo Plan da lingua galega na Cidade da Cultura e a conmemoración do pasamento da poetisa na Casa de Rosalía.
💙⛹🏻♀️GALEGAS de 🥉🤩!!
Paula Salinas, Irene Noya e Inés Sotelo, medalla de bronce #U20F ⛹️♀️ @BaloncestoESP no Eurobasket celebrado en Lituania.
😍 Os nosos Parabéns especiais para ELAS, e o noso 👏 para todo o equipo!
#BaloncestoGalego 💙🏀
Xunto coa conselleira Ángeles Vázquez e persoal de Augas de Galicia, onte visitamos os traballos de conservación fluvial que se están a realizar nos regos de Lamas, Herbón e Xuane para evitar que o incendio de xuño provoque o arrastre de cinzas, sedimentos e solo cara aos ríos.
𝐂𝐎𝐌𝐔𝐍𝐈𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋: Acuerdo con @atletiacademia para el traspaso de Martín Cuéllar.
Gracias por cada gol, por tu compromiso y por defender la azulona con orgullo.
¡Mucha suerte en tu nueva etapa, Cuéllar! 💙
https://t.co/BEZRLMhIb6
🏆 2ª vitoria do Indupanel Obradoiro no Campionato de España!
Ademar Hércules 3️⃣7️⃣ - 8️⃣8️⃣ Indupanel Obradoiro
Seguimos, rapaces! 💪🫡
#FEBInfantil2026
Comunicado FEGABA🚨🚨Informamos a todos os clubs, asociacións e persoas vinculadas á nosa entidade de que se está producindo unha suplantación da nosa identidade institucional a través de email ou aplicacións de mensaxería.
Toda a ℹ️, a continuación⤵️
https://t.co/ihzuUOAEhx
Ven animar ao Indupanel Obradoiro! 🔥
📍 Esta fin de semana, o Multiusos Fontes do Sar acollerá a Final Four Infantil Masculina.
Na mañá do sábado disputaranse as dúas semifinais que decidirán os finalistas que loitarán o domingo polo campionato galego. 🏆
Necesitámoste! 📣
#FundaciónObradoiro
Por se vos interesa, aquí vos deixo a entrevista que me fixo onte Antonio Blanco en @canalriasbaixas. Moi agradecido pola invitación e pola oportunidade de achegarlle aos espectadores algunhas claves do proxecto político do @PPdePadron.
https://t.co/IZUrFFZq4L
Onte participei no acto organizado pola @FundacionCela para conmemorar o 110 aniversario do nacemento do noso insigne Premio Nobel de Literatura. Para Padrón segue a ser moi importante que manteñamos viva a súa memoria e o seu legado.
https://t.co/Bsk2uc0nZ5
O Congreso Local refrendou onte o novo Comité Executivo que dirixirá o @PPdePadron nos vindeiros anos, no que me acompañan 23 persoas ás que lles quero agradecer publicamente o seu apoio e a súa implicación neste proxecto tan ilusionante.
Compráceme anunciarvos que na miña candidatura á Presidencia do @PPdePadron, que deberán votar os afiliados no Congreso Local deste sábado, o empresario e emprendedor @diegoeros9 (Colombia, 1975) é a persoa elixida para acompañarme como secretario do novo Comité Executivo.