Guiados da man de @MiroVillar , coa música de Serxio Moreira, o Roterio Paco Souto botou andar onte nun ambiente de amizade e benestar en tod@s nós.
Grazas a @rosaliafernandezrial , @xose_iglesias e Diego Cousillas por acompañarnos e recitar e á @depucoruna polo apoio total.
O próximo domingo remata o prazo de recepción de orixinais para a convocatoria deste ano do Premio Illas Sisargas de poesía erótica. A participación é en formato telemático.
Tendes as bases aquí:
https://t.co/CJxsMX032v
Animádevos!
Unha pequena análise do sistema editorial galego que nos inclúe como un elemento potenciador do ecosistema da riqueza e variedade do libro galego.
https://t.co/szJdrMa8qg
O domingo 18 de setembro ás 12:00 da noite, remata o prazo de presentación de orixinais para a XVII edición do Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas.
Non te durmas e divulga!!
"A paixón cósmica", artigo de @marioregueira en @NosDiario sobre Edénicas, deAndre Fernández Maneiro, premio Illas Sisargas, publicado por @ECaldeiron
https://t.co/huULV6nXE0
Esta semana temos venres moi cultural en Malpica:
Inaugúrase a exposición de @vikirivadulla "Carrexadoras" ás 19:00 no Centro Cívico e ás 20:30, no Cornecho, charla informativa "Nerigha, onde o ceo, terra e mar se xuntan", a cargo de @ListaSuso
Un venres de luxo!!
XA É MAÑÁ!!!
O vindeiro venres 8 de abril Emma Abella , Xose Iglesias e Miguel Mato presentarán en Malpica, na taberna Paco a reedición de "As árbores do incesto" obra de Paco Souto publicada en 1995.
Poesía nas tabernas: apúntaste?
O vindeiro venres 8 volveremos xuntarnos na taberna de Paco De Tano cun motivo que nos enche de satisfacción:
a reedición de "As árbores do incesto"(1995) de Paco Souto a quen choramos desde hai hoxe cinco anos.
Celebraremos con poesía e viño. Na honra do poeta taberneiro.
Andamos argallando cousas para este ano na Editorial. Será porque o 20 con tanto tempo paradas pasoulle folgos de máis á reserva do 21. Os proxectos son todos bonitos. A ver que vos contamos a fin de ano. 😅
Hoxe é o último día para ir polas librarías facerlles o traballo aos reis. E mañá é o último día para participardes no sorteo da ilustración orixinal da portada d'_A relixión do mar_ de Xosé Iglesias. Bulide!
Neste 2020 tolo publicamos 3 libros marabillosos e reeditamos outro. O plan para 2021 inclúe 5 títulos. Medramos porque nos acompañades na andaina. (Lembrade que aínda non viñeron os reis e que as librarías están abertas!)
Concurso! Sorteamos o orixinal da ilustración de portada d'_A relixión do mar_ de Xosé Iglesias. Para participar, consigue o teu exemplar, faite unha foto con el, súbea ao Twitter e etiquétanos no chío. O 7 de xaneiro faremos o sorteo coas participacións que cheguen até o 6.