Reunión entre a nova executiva da AGE e o Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. Acordamos crear de grupos de traballo para traballar en reverter os ínfimos datos de vendas do libro galego, con estratexias de apoio ao comercio interior e á internacionalización 📚
📸 @Xunta
“A marfallada toda" é un accesible libro divulgativo ilustrado no que os lectores novos aprenderán sobre o Big Bang, como se formou o sistema solar, como a vida na Terra comezou nos océanos, que pasou cos dinosauros, como os humanos evolucionaron…
Nuns días na túa libraría!
Este libro non para de darnos alegrías: Premio Arume de Poesía para a Infancia, Finalista dos Premios Follas Novas, Selección da OEPLI e agora tamén Finalista dos Premios Frei Martín Sarmiento.
Alguén dá máis? ☂️💜🤞🏻
O novo libro de Xosé Manuel del Caño xa está nas librarías.
Os relatos de “Ósos de santo" nútrense da fascinación do autor polos grandes escritores galegos. Cada disciplina ten os seus valores, mitos e primeiras figuras; o seus anseios, éxitos e derrotas. Tamén as súas reliquias.
“Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente”, de Ramón D. Veiga e Iván R. é un dos tres finalistas dos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de Libro Ilustrado. Parabéns, amigos!
“Pequena historia de Vigo”, de Pedro Feijoo e Xosé Tomás é un dos tres finalistas dos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de Banda Deseñada e Libro gráfico!
Facemos 30 anos e celebrarémolo cos centos de autores e autoras, ilustradoras, traballadores de artes gráficas, persoal de distribución e libreiras que colaboran cada día con nós. E cos milleiros de lectores e lectoras galegos. Grazas!
Caramba, xa non recordaba o bonita que era esta sensación... Moi agradecido, especialmente a todos os reis, raíñas, paxes e, sobre todo, camelos, que estes días convertestes a "Pequena Historia de Vigo" (@edicionsembora) no libro galego máis vendido. Grazas!
✍️📖 Á xa abundante literatura sobre Vigo sumamos estes días dúas obras ilustradas moi orixinais: 'Lucio Strada' de Iago Losada e Alberto Mazorra (@EditorialElvira); e 'Pequena historia de Vigo' de Pedro Feijoo e Xosé Tomás (@edicionsembora).
https://t.co/bEb4Ybom3C