Paseando polo monte de San Pedro da #Coruña atopámonos cunha eiruga de Macrothylacia rubi. Non ten nada que ver coa procesionaria! Os seus peliños non son urticantes, sérvenlles para protexerse de avespas parasitas.
No Día Mundial das Aves de Praia queremos recordarvos que temos moita biodiversidade mariña ao noso alcance na #Coruña! Seguro que xa coñecedes as gaivotas patiamarelas e os corvos mariños. Pero tes visto aos virapedras? Camúflanse tan ben que é difícil atopalos!
Durante a #TallShipsRaces da #Coruña moitos nenos e nenas deixáronnos mensaxes para o mar. Algúns que te fan pensar, outros tenros... incluso temos sección internacional! #mar
Pasámolo xenial este verán facendo actividades de #EducacionAmbiental na praia de #Riazor da #coruña ! Pequenos e maiores viñeron para xogar, ler, descubrir... moitísimas grazas a todos e todas! 😄🙏🏻
Recentemente estas pequerrechas (Pelagia noctiluca) estiveron a dar un pouco a lata aos bañistas da #Coruña... pero non debemos esquecer que as medusas son parte da #biodiversidade mariña. Sabías que poden ser a chave para descubrimentos sobre rexeneración de tecidos? 🤯
Este xoves, venres e sábado esperámoste na sorprendente #TallShipsRaces da #Coruña! Achégate á nosa carpa e únete ás divertidas actividades que preparamos para a rapazada! #EducaciónAmbiental
Esta carabela portuguesa atopouse nestes días na praia de Riazor. Ventos e correntes, xunto coa temperatura da auga máis cálida do normal, achegárona ás nosas costas. Se ves algunha, non a toques e avisa ao servizo de socorrismo. #EducaciónAmbiental#Coruña#EmerxenciaClimática
As algas teñen un papel fundamental como alimento para os animais que viven na costa. Algunhas tamén son indicadoras do estado do ecosistema, como as leitugas de mar, que proliferan en áreas con exceso de nutrientes. #Coruña#EducaciónAmbiental
Se botas unha ollada á area nas praias urbanas da nosa cidade podes atopar moitos restos de moluscos que trae o mar, entre eles mexillóns, buguinas, margaridas, lapas ou bígaros. Pero hai unha especie cada vez máis abundante nos océanos, recoñécela? #Coruña#EducaciónAmbiental
Hoxe recomendamos "123 curiosidades que todo el mundo debería conocer sobre el clima". Escrito por Mathilda Masters, ilustrado por Louize Perdieus e traducido por Cristina Casas Peregrina. Cada páxina presenta unha curiosidade acompañada dunha ilustración. @bibcoruna#Coruña
Sabías que as toalliñas húmidas son un grave problema para o medio ambiente? Aínda que algunhas sexan biodegradables, non debemos tiralas ao retrete senón ao lixo, porque tardan máis tempo en descompoñerse do que tardan en chegar ás depuradoras, xerando graves atascos nas tubaxes
🏖️ Celia, Brais, Hugo, Rosalía... xa gozaron das nosas actividades de educación ambiental na praia de Riazor! Ven visitarnos! Agora tócache a ti! 🌊 #EducaciónAmbiental#Coruña
Neste día nubro recomendámosvos “Plasticus maritimus, unha especie invasora” de Kalandraka Editora. É unha guía para coñecer a problemática do plástico nos océanos e aprender como actuar para minimizalo. #Coruña#EducaciónAmbiental@bibcoruna
As cabichas ou restos de cigarros son o residuo máis frecuente nas praias. Tardan ata 12 anos en descompoñerse. O filtro retén substancias tóxicas que, se acaban na auga, disólvense nela e contaminan os océanos. Ademais, algún animal pode inxerilas. Por favor, tíraas ao lixo!
A nosa recomendación de hoxe!📖😍 “Inventario ilustrado dos mares” de Faktoría K de libros. Escrito por Virginie Aladjidi e ilustrado por Emmanuelle Tchoukriel. Recolle 100 especies mariñas, ilustradas con gran precisión e acompañadas dunha descrición breve de cada unha. #Coruña
Antonio, de 6 anos, foi o primeiro neno en estrear o noso xogo de memoria sobre fauna e flora mariña e botar un ollo á selección de libros de @bibcoruna. Ven a facernos unha visita á caseta de educación ambiental na praia de Riazor. #Coruña#EducaciónAmbiental
Xa estamos instaladas na caseta de Educación Ambiental da praia de Riazor!
Temos libros da biblioteca verde de @bibcoruna para todas as idades e tamén actividades para a rapazada. Vide visitarnos os luns, mércores e venres de 11.00 a 15.00h! #Coruña#EducaciónAmbiental
Encántanos traballar con grupos con tantas ganas de aprender e alegres como o de @fundacionadcor. Representaron compostos gasosos da atmosfera, axudáronse para resolver o xogo de Memoria en Acción das medidas do concello da #Coruña... Volveríamos todos os días!
🔥 Na véspera do San Xoán visitamos o monte de San Pedro da #Coruña coa @fundacionadcor dunha maneira especial. Ademais dos valores naturais do ENIL, aprendemos a facer o cacho de San Xoán, para conseguir boa sorte e afastar as meigas! #EducacionAmbiental