🗣️Fala inglés. Sen exames. Sen presión. 🇬🇧🇺🇸
Xa te podes matricular nos 'Obradoiros de Expresión e Comprensión Oral' da EOI de Lugo para o vindeiro curso! 🎉
Practica o teu inglés nun ambiente dinámico e real, sen exames! 📚
Para máis información: https://t.co/x3cNwtKBNu
📚Aprende inglés na EOI de Lugo 🇬🇧🇺🇸
Na EOI de Lugo temos a modalidade perfecta para ti: presencial, semipresencial, a distancia... Ti decides cal se adapta mellor ás túas necesidades! Matricúlate xa! 📚
Para máis información: https://t.co/epNL0MVbLp
O alumnado que superase as probas na convocatoria ordinaria pode matricularse do 08 de xuño ao 19 de xuño.
O resto do alumnado oficial deste curso poderá matricularse do 26 de xuño ao 06 de xullo.
Web: https://t.co/1jFQ0WWOgo
Tamén abre a matrícula para os cursos monográficos.
Este curso, o departamento de francés da EOI de Lugo vibrou ao ritmo da sostibilidade. A través do proxecto «A nosa escola sostible», todo o noso alumnado mobilizouse para analizar o impacto ecolóxico da nosa contorna. Preme aqui para ver o proxecto https://t.co/kBmZKthl5i
Inculso o bo chega ao seu fin. O último día da mobilidade á @UniLeipzig foi moi intenso. Gravamos un pódcast co alumnado de galego e despois nas aulas cantamos, xogamos, aprendemos. Foi unha experiencia moi gratificante da que aínda saberedes máis #erasmus#erasmusplus@sepiegob
Onte a Universidade de Leipzig abriunos as portas da súa radio e da Biblioteca Albertina. Tivemos ocasión de ver o traballo que hai detrás destas dúas institucións tan importantes para a vida universitaria e para a cidade. #ErasmusPlus#Erasmus@sepiegob@UniLeipzig
Eres docente e queres ter unhas nocións de apps de Intelixencia Artificial que van facer o teu traballo máis sinxelo? A profesora Pino Alonso asistiu a unnha mobilidade Erasmus+ sobre IA e vai compartir con vós o que aprendeu este 28 de abril, ás 20:00h na sala de informática.
Onte en Leipzig, aprendemos dos intérpretes alemáns e quedamos abraiados pola súa facilidade para falar galego. Degustamos algunhas das sobremesas tradicionais galegas, presentámoslles o contexto da EOI de Lugo e moito máis #ErasmusPlus#Erasumus@sepiegob
Coñecendo experiencias para a #G2502017 Xornada do Día das Letras Galegas. Begoña Caamaño💪🏻
✅ Ruleta dos sentimentos en movemento
🙋 José Saborido e Ana Belén López
🏫 CMUS Xoán Montes-EOI de Lugo
📌Santiago de Compostela
🏡Pazo de San Roque
🗓️Sábado 18 de abril de 2026
🤝@SXPL
Ás 17h30 haberá unha conferencia no salón de actos sobre o Nixer e a súa cultura, a cargo de ZAMA ALLAH MAMANE BOUBACAR, Experto en Diplomacia Cultural e ás 18h30 un obradoiro de danza tradicional nixeriana.
Hoxe comeza a mobilidade #Erasmus en grupo a Klaipeda (Lituania)✈️ Cinco alumnos e dúas profesoras participarán en diversas actividades da Biblioteca Pública de Klaipeda para coñecer iniciativas innovadoras en áreas como a inclusión dixital 💻 @sepiegob
https://t.co/ldjPGfUq1t