Se mañá fas a #PAU na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo… estás de sorte 💙
Estamos felices de acollervos e de axudarvos na medida do posible. 🙌🏻
Tes a túa disposición cafetería, terraza, espazos para descansar e biblioteca. Moita sorte!
@uvigo#PAU2026#FCCXXT
⚖️🤖 O vindeiro 8 de xuño a #FCCXXT acollerá un necesario seminario sobre #IA e Xustiza.
Debate sobre automatización, garantías xurídicas e transformación dixital da Administración pública e da Xustiza.
Estás convidado. Inscricións e Info 👇
https://t.co/ywQg5PSw0G
@uvigo
📚⚖️ Letras Galegas 2026
Mañá celebramos na #FCCXXT un acto moi especial con motivo das #LetrasGalegas2026, par pór en valor a lingua e a cultura galega no ámbito xurídico.
Tamén daremos o fallo do V Premio Xosé Luis Franco Grande.
📍 14 maio. 13:00 h
Agardámoste!
@uvigo
📣 A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da @uvigo acolle o V Foro #Xurídico#Iberobrasileiro (28 de abril de 2026), un encontro internacional xa consolidado entre #España, #Brasil e #ortugal.
Xeopolítica e Estado de dereito en debate en Vigo. 🌍
#UVigo#Dereito
🌻As #linguas non son só medios de comunicación, senón formas de estar no mundo, de experimentalo e organizalo. Ciencias Xurídicas (@fccxxt) e a Área de Normalización da @uvigo organizamos esta xornada sobre #Dereitos e garantías lingüísticas. Inscribete. https://t.co/WGVDb6S6gA
🌹🌷
A pregunta sería: somos unha sociedade verdadeiramente libre se parte da cidadanía non pode vivir plenamente na súa #lingua? Este venres, na @fccxxt, expertos en leis e linguas analizarán os beneficios e as dificultades de protexer as linguas como os bens colectivos que son.
A @uvigo celebrará este venres a 'Xornada Deberes lingüísticos tamén co galego. Dereito e garantías lingüísticas', unha iniciativa organizada pola @anluvigo en colaboración da @fccxxt. Animádesvos?
➡️https://t.co/i1QwLJxmud
#duvi#uvigo#xeraciónuvigo
🎓 Xornadas de saídas profesionais na #FCCXXT
📅 14 abril · Dereito
📅 15 abril · RRLL e RRHH
Profesionais do sector compartirán a súa experiencia e percorrido laboral.
📍 Salón de Graos · #UVigo#SaídasProfesionais#Empregabilidade@uvigo
⚓ Nova sesión do XV Ciclo de Actividades de Dereito Marítimo na #FCCXXT
Grazas a Román Davila e Claudia Queimaño, de #Termavi por achegar unha visión práctica sobre a xestión dunha terminal portuaria.
Seguimos conectando universidade e o sector profesional 💙
@uvigo#Dereito
⚓ Hoxe no XV Ciclo de Actividades de Dereito Marítimo:
🗣️ “Operativa de consignación de buques”
Con Roi Gómez, Procurement Manager en Grupo Kaleido Logistics
📅 17 de marzo
🕖 19:00 – 20:30
📍 #FCCXXT
Non a perdas! @uvigo
⚓ A #FCXXT celebra a XV edición do Ciclo de Dereito Marítimo.
Profesionais do sector analizarán cuestións clave como a loxística, a economía do mar ou o transporte internacional, así como unha visita ao Porto de Vigo.
📅 10 de marzo ao 29 de abril
📍 #FCCXXT · #UVigo@uvigo
A @uvigo busca persoas voluntarias para avaliar a accesibilidade dos edificios dos tres campus. A idea é facer un mapa da accesibiliade da institución. Xa podes inscribirte...
➡️https://t.co/TH91IOGzY1
#duvi#uvigo#xeracionuvigo
O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas foi elixido novo valedor universitario da @uvigo no Claustro celebrado en Pontevedra, no que tamén se presentou a segunda diagnose do acoso sexual e acoso por razón de sexo na Universidade.
➡️ https://t.co/IgZkSMiNP4
#duvi#uvigo
📚Nova convocatoria do Premio de Investigación Xurídica en Lingua Galega da #FCCXXT
🟦 Dúas modalidades
📄 Traballos individuais e orixinais en galego
🏆 500 € por modalidade
📆 Prazo: 10 de abril
Bases completas na web da Facultade
@uvigo@anluvigo
Nova etapa na #FCCXXT. Desde aquí desexámoslle todos os éxitos ao novo decano, Pablo Grande, e ao seu equipo.
Tamén agradecemos a dedicación destes anos a Francisco Torres e membros do seu decanato.
A @fccxxt da @uvigo elixiu este xoves ao profesor Pablo Grande Seara como novo decano para os vindeiros seis anos, substituíndo no cargo a Francisco Torres, á fronte do centro desde 2019.
➡️https://t.co/WptunzVRrO
#duvi#uvigo#xeracionuvigo
Mañá ás 16.00 horas, temos unha cita na #FCCXXT, con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
Proxectarase a peli "Justicia Artificial" e haberá un coloquio posterior.
Agardámovos! Programa completo e info
https://t.co/uYjHEJNJKW
📚 Novo tratado de Anxo Tato, catedrático de Dereito Mercantil na #FCCXXT :
"Derecho de la publicidad ilícita" analiza a protección da dignidade persoal, os límites publicitarios e uso da #IA nas prácticas comerciais.
Toda unha referencia! Parabéns, compañeiro!
@uvigo
📽️ O 11F celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia cunha xornada especial: proxección de Justicia artificial + debate con expertos/as!
🕓 11 feb | 16-21h
📍 Vigo, Ourense e en liña
✍️ [email protected]
Coa charla de Vicente Pérez Daudí catedrático da @UniBarcelona
Desde a #FCCXXT compartimos con orgullo este recoñecemento á @uvigo que volve situars no tramo 301-400 das mellores universidades do mundo en #Dereito, segundo o Times Higher Education by Subject 2026.
Un resultado que reflicte o traballo rigoroso!
A @uvigo mantense entre as 400 mellores universidades do mundo en Ciencias da Vida e Dereito, segundo o @THEworldunirank by Subject 2026. En Ciencias Socias repite a súa clasificación de 2025 entre as 600 mellores.
➡️ https://t.co/HxgLOUNWw8
#duvi#uvigo#xeracionuvigo