Este sábado terei o pracer de inaugurar a tempada do Club Arzúa Le conversando 'Arredor do libro e da lectura' co seu director, Xosé Manuel Pampín. A xornada, de portas abertas, comezará ás 18.00h na restaurada Casa de Correos de Arzúa e conta co apoio do concello. Alí nos vemos.
Hoxe demos a coñecer o gañador do XX Premio Repsol de Novela Curta: Xerardo Quintiá con 'A miseria'. Un pracer ter formado parte do xurado e axudar a distinguir esta obra. Mil parabéns ao gañador e aplauso a todas as entidades que colaboran neste certame https://t.co/7MHasyiGnK
Ortigueira: Programa do Congreso “Cunqueiro en Ortigueira en 1936” do 2-3 outubro 2026 e formulario de inscrición: https://t.co/THb29ha9E9 @TerrasDo@armandorequeixo
📘 Con ‘A luz de quedar’, o escritor ourensán Francisco Javier Vázquez Losada faise co premio do XI Concurso Balbino de Relatos, convocado por Edicións Fervenza co apoio da Fundación Xosé Neira Vilas e da Xunta de Galicia. 📚
👉 https://t.co/s7NxcSrxMR
Inesquecible a presentación de 'Literatura insólita' onte. O impoñente castelo de Navia acubillounos no serán estival. Beizón a Toño Núñez e Ulises Bértolo por dicir tan belidas palabras, á A.V. Irmandade Naviega e o Concello pola organización e a todas as amizades que viñestes.
Ben contento de ter axudado a distinguir 'A luz de quedar', obra coa que Javier Vázquez Losada gañou o Premio Balbino que publicará Ed. Fervenza. Parabéns ao autor e saudiña aos compañeiros Rosalía Morlán e Fernando González Graña, cos que foi un pracer compartir deliberación.
Hai meses que ideamos que a última presentación da 'Literatura insólita' tería lugar en Navia, xunto aos amigos Toño Núñez e Ulises Bértolo, escritores naviegos aos que moito benquero. O día chegou e será o mércores 19 ás 20:00h. Animádevos, que despedimos o Galician Tour! 😄
Remata este día ben significado por tantos motivos e quedan na retina as imaxes emotivas da Misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval, na que memoriamos á nosa matriarca, a Castelao e a Brañas convocados polo Foro Galicia Milenio nunha tradición que principiou en 1932.
Os xardíns da Xiralda en Ponteareas recibiron con ben a miña 'Literatura insólita', que presentei acompañado dos queridos Manrique Fernández e Marcos Calveiro. Felicidade por me atopar con amizades entrañables, como o meu admirado Alfonso Pexegueiro, alta poesía e bondade sen par
Este sábado estarei na Feira do Libro de Ponteareas na que será unha das últimas presentacións da 'Literatura insólita', unha ocasión perfecta para saudar as amizades que non dei visto aínda. Será ás 12:00h con Manrique Fernández e Marcos Calveiro. Se vos animades, alí nos vemos.
🔵 Valentín García agradeceu ao profesor e tradutor Takekazu Asaka “as dúas novas contribucións á proxección exterior da literatura escrita en galego, que seguen fortalecendo a ponte que desde hai 40 anos comunica a terra do Sol Nacente con Galicia, grazas á rigorosidade e xenerosidade de Takekazu Asaka”.
📘📚🇯🇵 O secretario xeral da Lingua presentou a canda o coñecido embaixador do galego no Xapón as dúas novas edicións bilingües galego-xaponés “Castelao. Pequena escolma” e “Heraclio Pérez Placer. Cantares”
👉 https://t.co/0dqWLEbUkF
A nosa literatura viaxa ao Xapón da man do seu mellor heraldo: Takekazu Asaka, nipogalego que levou da súa man a Daniel Rodríguez Castelao e Heraclio Pérez Placer ata o País do Sol Nacente. Foi un pracer saudar a súa viaxe.