Aproveitando que o 17 de maio foi o Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia, no IES de Teis colocouse no mes de maio un punto arco iris permanente, xunto ao punto lila.
Máis info e fotos en https://t.co/Jd9S24Wqmf
O pasado xoves 25 de abril foi o Día Internacional das Nenas nas TIC. Para conmemoralo, a nosa compañeira Mercedes Pose xunto co seu alumnado de 2ºCMPCC encargáronse de decorar o punto lila para esta ocasión.
https://t.co/jpqMDgOSpY
O IES de Teis crea o xogo de mesa "28 mulleres", para o día de conmemoración do Día internacional das nenas nas TIC.
Máis info: https://t.co/couzeNJLGY
@igualdade_uvigo
Nomeamento da sala de profesorado do IES de Teis. Unha das actividades que marcamos para este curso académico foi renomear a sala de profesorado como a sala de Emilia Pardo Bazán. https://t.co/GXd6lBqJVi
@igualdade_uvigo
O Equipo de Biblioteca e o Grupo de Igualdade e Diversidade do IES de Teis colaboraron para levar a cabo un concurso de crebacabezas de mulleres senlleiras para conmemorar tanto o 11F como o Día de Rosalía de Castro. https://t.co/kV20Frjann
@igualdade_uvigo
Polo 11F (O día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia) decorouse o noso centro educativo (tanto a entrada como o patio cuberto, incluído o punto lila). Deste xeito pretendemos darlle máis visibilidade ás mulleres dentro do eido científico.
Convocados cursos de Capacitación Dixital para a Cidadanía, dirixidos a PERSOAS ADULTAS (traballadoras, desempregadas, ...) que queiran mellorar as súas HABILIDADES DIXITAIS e adquirir destreza no manexo das novas tecnoloxías e Internet.
Máis info en: https://t.co/KCQWe9R74K
O prazo de matrícula na primeira adxudicación en FP réxime adultos, presencial é curso de especialización é do 19 de xullo ao 24 de xullo ás 13:00.
O prazo de matrícula en DUAL é do 18 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
Queremos felicitar ao noso alumno Armando Castro Blanco, que realizou o CS de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma en réxime de persoas adultas entre os anos 2020 e 2022, por acadar o Premio extraordinarios de Formación Profesional de grao superior. Noraboa!