💙👅 Mentres a Xunta deserta, a sociedade toma a iniciativa.
O BNG exixe aplicar o protocolo Lingua Vital: 300 medidas para frear o declive do galego.
▶️ @IriaTaibo denuncia o "absoluto nada" de Rueda: "Copien o traballo da sociedade, aplíqueno".
https://t.co/jtepn6iieE
Non pode ser que cada verán as veciñanza de grandes zonas da nosa comarca, entre elas moitas de #Oleiros, sigamos padecendo un problema que hai moitos anos que debería estar solucionado. A auga é un servizo básico! https://t.co/Z8EfKgYdZF
Onte tivo lugar a presentación na Coruña do libro "A batalla pola nación. Historia da creación e consolidación da Unión do Povo Galego" de Moncho Ermida, na que tamén participou Francisco Rodríguez, presentados por @silviaseixasnai, na sede da.@ACBoveda no Circo de Artesáns.
📢
Un clamor tomou as rúas da Coruña: a vivenda é un dereito e nunca debe ser un negocio para o lucro duns poucos.
Vivir na Coruña non pode ser un imposíbel!
#GarantirAVivendaErradicarACrise
Falamos con usuarios e usuarias sobre a caótica situación do autobús na comarca: problemas de horarios, frecuencias e co propio deseño das liñas, non está adaptado á realidade da comarca; contratos á medida das empresas e non das usuarias... Loitemos polo transporte público!
Onte á tardiña xuntámonos ao pé da parada do transporte interurbano no centro da Coruña, movida este pasado abril de Entrexardíns ao lateral do Colón, para falar de mobilidade metropolitana. Moitas ideas e, sobre todo, unha coincidencia: é moita hora de pasar á acción!
ANÁLISE | McCarthy na Galiza
✍️ Álvaro Lamas, médico no centro de saúde da Guarda.
🗣️ "É dunha demagoxia inaudita dar a entender que un médico non pode ter ideas políticas propias, presentando incluso unha incompatibilidade co labor profesional"
https://t.co/Z1DmfVpVUd
A piques de comezar a tempada, na praia de Santa Cruz está prohibido bañarse pola contaminación da auga, e non é a primeira vez. Preguntaremos, no Pleno do Concello de Oleiros e no Parlamento, por que non está sinalizado e que están a facer Concello e Xunta para corrixilo.
👩💻 Buscas en Google en galego e os resultados sánchese só en español?
🌐 O BNG reclámalle á Xunta de Rueda que asuma a súa responsabilidade e traballe para garantir e normalizar o galego en Internet.
🗣️ Pediullo @IriaTaibo no Parlamento.
Iria Taibo (@iriataibo) e Servando López conversan sobre a importancia de respectar os dereitos lingüísticos das e dos pacientes na sanidade pública.
O galego é teu! #17deMaio#OGalegoUne
📺Xa dispoñíbel a entrevista completa en vídeo de @RicardoSrGa ao escritor e politicólogo Carlos Taibo, na nosa web e tamén na nosa canle de YouTube: "A guerra é un fenómeno omnipresente, elíxeno normalmente os poderosos para fortalecer os seus intereses"
https://t.co/nFU5DujC6r
❌ O PP vota EN CONTRA de facer cumprir o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado en 2004 por unanimidade no Parlamento.
Desde o BNG, @IriaTaibo levou ao Parlamento unha iniciativa para exixir o cumprimento real do Plan Xeral e aínda hoxe amplamente incumprido.
Mentres o galego deixa de ser a lingua maioritaria en Galiza e medra a emerxencia lingüística entre a mocidade, o Goberno de Rueda segue sen actuar con responsabilidade.
🩵 Queremos garantir que vivir en galego sexa normal: na educación, na sanidade, na xustiza e en todos os ámbitos da vida pública.
Esta quinta 7 de maio, presentamos o libro de Manuel Monge na Casa Charry (Oleiros), ás 20 horas, da man da Asociación Cultural Vieiros. Xa que non houbo Pleno en abril, está ben darlle uso á Casa Charry, por nós que non quede...
En breve volveremos levar ao Parlamento a situación do galego no SERGAS, así que se tedes máis exemplos da discriminación e exclusión da nosa lingua no Servizo Galego de Saúde, agradecereivos se mas facedes chegar.
Esta semana tocoume pasar dúas veces polo meu centro de saúde. Déronme un consentimento informado para unha proba, por defecto en castelán. Sei que algunhas persoas pensan que esaxeramos, que tanto fai, que non é tan grave. O que pido é poder usar este servizo na miña lingua. 👇
porque corresponde á súa situación actual. O problema é que nunca fixo nada para poñer en marcha esta "estratexia". Só pedimos que non sexa preciso ter que andar a reclamar a nosa lingua todas e cada unha das veces que acudimos a un centro sanitario.