🎙 Capítulo 3x09 - Primavera teatral🎙
Neste episodio falamos do “II Festival de Circo a escena Artiklown”, da @ArtikaSala, a #PrimaveraTeatral e a futura estrea de #Inventio.
Ademais, repasamos a axenda teatral do mes de maio en Vigo e Comarca.
https://t.co/d7MJKUlNHi
Esta fin de semana volve á @ArtikaSala o Festival de Teatro Amador organizado pola compañía Fauna 113 e a Fegatea.
O sábado será a quenda de A Terrequeté Teatro con "Confinad@s", unha obra que nace en clave de hilarante comedia das experiencias sufridas durante o confinamento.
O domingo, Desfeita Teatro representa "A pousada do Tru-Tru", protagonizada por unha compañía de teatro en decadencia que ten que representar unha farsa malia que algúns dos seus compoñentes non concorden co disposto por D. Pirulí Polichinelo, xefe e director da pequena compañía.
A Sala @ensalle retoma a súa programación con “Nohorizontes”, de Anómico Teatro, texto que reivindica a paisaxe como sinónimo de existencia e supervivencia.
🗓 Do venres 27 a domingo 29 ás 20H
🎟 Reserva de entradas dispoñible.
“Só”, de Xampatito Pato
🗓 Sábado 28 ás 18H e domingo 29 en sesións de 12H e 18H
⏰ 50 min.
🏬 @ArtikaSala
👥 Recomendado para maiores de 5 anos.
🎟 Entradas a partir de 8€
🎬 Teaser do espectáculo 👇
https://t.co/yNCT5x2B08
A @ArtikaSala pecha o “II Festival Artiklown” con “Só”, de Xampatito Pato, unha obra protagonizada por unha personaxe obsesiva e meticulosa.
Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo.
“Circ obsolet”, de La Panda de Yolanda
🗓 Do venres 20 a domingo 22 ás 20H
⏰ 60 min.
🏬 @ArtikaSala
👥 Recomendado para maiores de 12 anos.
🎟 Entradas a partir de 10€
A @ArtikaSala recibe a visita dos valenciáns La Panda de Yolanda con “Circ obsolet”, un espectáculo circense protagonizado por tres personaxes obsoletos que enchen a pista de humor e poesía demostrando que todos eles teñen dereito a volver a ser.
“El Abrazo” narra a historia de Rosa e Juan, antigos amantes que se rencontran e abrazan despois de case media vida na que o seu desexo por ter un fillo segue aflorando.
🗓 Mércores 18 ás 20:30H
🏬 Teatro @Afundacion_org
👥 Recomendada para +14 anos.
🎟 A partir de 15,30€
“Fariña” visita a nosa cidade durante a fin de semana.
A adaptación da obra orixinal de Nacho Carretero ten como trama a historia negra das últimas décadas en Galicia: dende o contrabando de tabaco ata chegar ás novas sustancias procedentes do continente americano.
“Home, comedia deconstruída”, de Antón Coucheiro
🗓 Do venres 13 a domingo 15 ás 20H
⏰ 60 min.
🏬 @ArtikaSala
👥 Recomendado para maiores de 14 anos.
🎟 Entradas a partir de 10€
A @ArtikaSala prosegue a programación do “II Artiklown” coa estrea de “Home, comedia deconstruída”, de Antón Coucheiro, un espectáculo cómico e feminista que quere realizar unha crítica mordaz sobre as distintas caras do machismo.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais pon en marcha a súa “Primavera Teatral”, un ciclo de teatro que percorrerá diversos auditorios das parroquias de Vigo durante os meses de maio e xuño.
"A Lingua das Bolboretas", de @sarabelateatro
🗓 Sábado 7 ás 20H
⏰ 70 min.
🏬 @auditoriocangas
👥 Recomendada para público adulto.
🎟 Dispoñibles a partir de 5€.
🎬 Teaser do espectáculo 👇
https://t.co/kUmGTWtUUq
@sarabelateatro pon en escea "A Lingua das Bolboretas", unha peza que narra a entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal. Polo camiño vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido.
"Ghop!", de Teatro ao cubo
🗓 Sábado 7 ás 18H e domingo 8 ás 12H e 18H
⏰ 50 min.
🏬 @ArtikaSala
👥 Recomendado para todos os públicos.
🎟 Entradas a partir de 8€
🎬 Teaser do espectáculo 👇
https://t.co/e7HEJus5U8
A @ArtikaSala arranca a programación do "II Festival de Circo a escena Artiklown" con "Ghop!", de Teatro ao cubo, un espectáculo participativo e cheo de humor que conta coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas.
“Top Manta”, de Fulano, Mengano e Citano
🗓 Do venres 29 a domingo 31 ás 20H
⏰ 60 min.
🏬 Sala Ártika
👥 Recomendado para todos os públicos.
🎟 Entradas a partir de 10€
A @ArtikaSala recibe a Fulano, Mengano e Citano con “Top Manta”, un show que narra unha serie de historias actuais nas que o humor se funde co teatro e nos que aparecen intercalados ao longo de toda a peza que complementan as escenas.