Chegou o momento: rebélate, compra un libro en galego! 📚✨
Comezamos o camiño cara o #DíaDasLetras con esta campaña, co obxectivo de rescatar e difundir o goce da #lectura na nosa lingua.
Propoñémosche un reto: achégate á túa libraría, merca un libro #engalego co 10% desconto!
CONTRACULTURA | 📚 Pere Tobaruela, novo correspondente da Real Academia Galega: "A banda deseñada ou libros con información gráfica recuperan lectorado"
https://t.co/3RwtQVRBJI
Pregunta para @AcademiaGalega, @ILG_USC e @SXPL: Ten algunha relación que o galego non exista na escola dos meniños con que só lea en galego o 5% dos maiores?
📚🎈Solta de libros!
👉Atopa o teu libro nos parques e zonas verdes de Santiago
🎉Este mediodía comezou a solta dun cento de libros coa que a Biblioteca José Saramago da rede de Centros Socioculturais celebra o #DíadoLibro
🔗https://t.co/v2kNXhm3RI
Comezamos o 2026 dando continuidade ao apoio á candidatura de Fina Casalderrey ao premio ALMA 2026, e facémolo da man dun novo Rescate en audio, nesta ocasión recuperado a súa obra: 'O misterio dos fillos de Lúa', , da man da nosa socia Pilar Sampedro.
https://t.co/2iydZZBcq1
Velaquí un novo Rescate en audio co que apoiarmos a candidatura de Final Casalderrey ao Premio ALMA 2026. Desta vez vén da man de Héctor Cajaraville, quen recupera a obra da autora 'A lagoa das nenas mudas' (@Xerais, 2007). https://t.co/UN2WnRnmyi
Dentro da campaña de apoio á candidatura de Fina Casalderrey ao Premio ALMA (Astrid Lindgren Memorial Award) 2026 impulsada por GÁLIX, a nosa socia An Alfaya rescata a obra 'Lúas de nácara', unha novela xuvenil, publicada por @Xerais en 2003.
👇🏻
https://t.co/9bNbgkkpt8
Hoxe entregamos, xunto á derradeira presidenta de Agabel, o I Premio ao Libro informativo para a rapazada (2025), convocado por GÁLIX co apoio da Consellería de Cultura, a Blanca Millán pola súa obra 'Ferramentas básicas para ser artista'.
O noso socio Carlos Labraña recomenda os "Recursos teatrais para a expresión dramática na escola" (@Xerais) de Fina Casalderrey, candidata aos premios ALMA.
O 16 de novembro, ás 12 h, terá lugar a entrega do I Premio ao Libro informativo para a rapazada (2025), convocado por @GALIX_, concedido a Blanca Millán pola súa obra 'Ferramentas básicas para ser artista'. Agardámosvos nesta cita tan especial!
Xa que estamos a celebrar que Fina Casalderrey foi nominada ao premio ALMA (Astrid Lindgren Memorial Award) pola OEPLI, a proposta de Gálix, o "Este libro encantoume!" de novembro dedícallo Irene Penas Murias a 'O xenio da Cidade do Sal' (@Xerais) https://t.co/g9LFmhDp0A
Hoxe comezaron as xornadas de @GALIX_ Desfacendo a RAIA XVII, destinadas a 'Ensinar dende a LIX'.
Fixémolo con Raquel Castro, quen falou de 'Ensinar teatro dende a LIX. Ergamos a rapazada da cadeira: aprender co corpo'.
E xa sabedes, para a semana máis!!! Tocará....poesía!!!
Parte do noso persoal atópase na Xornada Internacional de Bibliotecas Públicas de Galicia-Norte de Portugal, que este ano xira entorno á mediación lectora, fabulosa iniciativa para formarnos e manternos en contacto.