@NormasUNE publica a quinta das normas de vocabulario óptico que traducimos ao galego canda a @FooUsc.
Se es da @UniversidadeUSC podes descargar esta e outras normas en galego na @BUSCUSC (na base #AENORmás)
Lista 👉https://t.co/wWG5VXZ6lE
O último especial de #Proxector fala -coma todo o mundo nestas últimas semanas- de dinas, de tornados, de furacáns, de nomes de borrascas...
Bótalle un ollo aos vídeos que escolmamos cando o @consellocultura!
A adversidade nos mapas do tempo é o título da nova entrega de #Proxector, que desenvolvemos coa @UniversidadeUSC .
📺Doce vídeos para falar de fenómenos metereolóxicos adversos e as consecuencias do cambio climático
https://t.co/ZHc2Li5Fq0
Que mañá máis boa pasamos este venres na Facultade de Medicina da @UniversidadeUSC!
Presentamos Diximed diante de rapazada do CEIP López Ferreiro que axudou a facelo coas súas voces.
Con @rosaestopa e Pilar Murias
https://t.co/nNp93yrBny
Velaquí estamos, un mes máis, cun especial de #proxector.
Unha ducia de vídeos #engalego sobre #astronomía, para conmemorar o Día da Ciencia en Galego de 2024.
Xa está dispoñible unha nova entrega de #proxector coa astronomía como protagonista: o xeito no que se mira ou fotografía o ceo, as preguntas da astrofísica, as mulleres pioneiras da astronomía e moitos temas máis!
https://t.co/w9CV5wzleI
🏆Entregados os premios do certame ‘Vémolo Nós’ ao uso da lingua galega en audiovisuais divulgativos
📹Os nomes das vacas, a homenaxe á gata Carolina da Biblioteca Concepción Arenal ou a vida dun estadounidense que aprende galego, entre os galardoados
🗞️ https://t.co/1ggRLkiPDV
🌗🌖🌕Se che interesa a IA e os seus retos, este mércores 16 tes cita cos 'Encontros de Lúa Chea' na cafetaría da @EPS_Enxenaria. Será unha conversa distendida con especialistas na materia! Ás 19.00h!!!
Queres saber máis de Lugo Cultural? Preme aquí 👇
🗞️https://t.co/4cvcEme6vF
📗 Marilar Aleixandre: “Escribir en galego vivindo en Galicia é un acto político de resistencia e tamén un acto de amor”
🏆 A profesora ad Honorem da USC recolleu este xoves o Premio Porteiro Garea
🗞️ https://t.co/lF5PYtBc7Z
O palmarés do Vémolo Nós 2024 é do máis variado: vacas, a gata da Conchi, un estadounidense reivindicando o galego, biotecnoloxía...
O que tal hai de creatividade na USC!
📽️Orixinalidade e humor protagonizan os vídeos premiados no certame Vémolo Nós de @linguaUSC . Os nomes das vacas, unha homenaxe á gata Carolina da Biblioteca Concepción Arenal ou a vida dun estadounidense que aprende galego son algúns dos galardoados
🗞️ https://t.co/4iaIgYWdow
O 29 de setembro é o #DiaMundialDelCorazon. Para conmemoralo, o novo especial de #Proxector, iniciativa do #CDSG e a @UniversidadeUSC, recompila unha ducia de vídeos de divulgación científica sobre este órgano e as formas de protexelo. Descúbreos! 👇
https://t.co/MrRsVnmN1I
Xusto a tempo para comezar a gozar dos Xogos Olímpicos, velaquí uns vocabularios para falar con propiedade de voleibol de praia, de trampolín ou de escalada...
#engalego
Un ano máis botamos a andar o concurso de subtitulación de charlas TED.
Inscrición aberta ata o 27 de setembro.
Aproveita este tempo de verán, engádelle á rede contido galego, e participa!!
@UniversidadeUSC@agpti@FFT_Uvigo
https://t.co/iQexa6F60j
Nesta entrevista en @NosTelevision, o reitor da @UniversidadeUSC analiza a situación do galego nesta institución e anuncia algúns obxectivos de promoción a curto e medio prazo.
Que vos parecen? Falemos sobre o asunto...
https://t.co/5yGgMzx5fy
Aproveitamos este apuntamento de @cartaxeometrica no seu blog para anunciar por aquí as gañadoras e gañadores do #explicochematematicas2024.
Moitos parabéns a tod@s el@s e á Comisión de Normalización de @MatematicasUSC, que leva 12 anos pulando por esta iniciativa.
🎖️Carlos Pajares, artífice da creación do IGFAE, recibiu o premio Lois Peña Novo, que recoñece o compromiso de persoas e institucións coa lingua galega.
🗣️O xurado valorou o seu labor na introdución do galego no ámbito académico e científico.
📰 https://t.co/dNSWISbKf2
A fornada de Esenciais elaborados en 2023 xa está accesible nos andeis de Edicións USC.
https://t.co/LLE5usj2Ga
E quen queira preparar un exemplar neste 2024, aínda ten esta semana para presentar a súa proposta
https://t.co/zKUOVQcTWL
🏅Marilar Jiménez-Aleixandre, gañadora do VII Premio Luís Porteiro Garea polo seu compromiso coa lingua galega no ensino das ciencias
🗞️ https://t.co/qZmrqUFERU
Seguimos publicando versións galegas das @NormasUNE sobre vocabulario óptico (xa van 4).
Lembra que a lista completa está en https://t.co/aEo39CrfZ8.
E que se es da @UniversidadeUSC podes descargalas de balde na base de datos #AENORmás, da @BUSCUSC.
@FooUsc@OpticosGalicia
O 9 de xuño é o #DíaInternacionaldosArquivos. Para conmemoralo, o novo especial de #Proxector, iniciativa do #CDSG e a @UniversidadeUSC, recompila unha ducia de vídeos sobre o importante labor desempeñado por estas institucións. Descúbreos! 👇
https://t.co/cAflBO8iJc