🔴 | ABONOS DISPOÑIBLES
Xa están dispoñibles os abonos de acampada para as Xornadas Socialistas pola Autodeterminación dos vindeiros 24 e 25 de xullo.
Tamén anunciamos os abonos solidarios para apoiar a organización das Xornadas e que inclúe a cea do venres 24.
📸 | Onte, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, saímos ás rúas para manifestar a necesidade de dar resposta ao auxe dos discursos e accións de odio cos que atacan a nosa clase.
Pechamos a xornada cunha charla sobre socialismo e movemento LGTB e un obradoiro drag. Grazas a todas!
🚩 | CONSTRUAMOS O SOCIALISMO. RACHEMOS COA OPRESIÓN NACIONAL.
Esperámosvos a todas hoxe na Praza da Universidade na nosa cacharela, onde presentaremos unha achega sobre a postura comunista fronte a opresión nacional.
24X | MANIFESTACIÓN NACIONAL
O 24 de xullo mobilizámonos contra a opresión nacional e pola necesidade de apostar pola loita de clases revolucionaria para acabar con ela.
@rudimentranny Voy a intentar que tenga partes un poco más post hardcore pero yo creo que tengo tanto indie en las venas que no voy a llegar ni a midwest
🚩 | CACHARELA
Vémonos o próximo martes, 23 de xuño, na cacharela. Este ano achegarémonos á cuestión nacional, cunha mesa arredor das experiencias no independentismo e unha charla sobre a postura comunista fronte á opresión nacional.
Teremos tamén cea, barra, foliada e concertos.