⚽🔥 El Atlético de Madrid encontró una forma muy original de presentar su nueva camiseta. Durante el concierto de BTS en el Riyadh Air Metropolitano, Suga apareció sobre el escenario luciendo la primera equipación rojiblanca para la temporada 2026/27
Pesar polo pasamento de Gabi Ben Modo, mito do balonmán galego e símbolo de @sdteucro, @AcademiaOctavio e @CB_ChapelaWeb.
O noso pésame e agarimo aos seus familiares e achegados.
Descanse en paz 🖤
A musical message for you, @Madonna
The authenticity and passion of your music, with the heart and tradition of ours.
Would you help us? Do you have it?
Carta aberta de @mmourino a @Madonna
⋄⋄⋄
Benquerida Madonna,
Escríboche esta carta porque precisamos da túa axuda.
O 29 de xullo de 1990 actuaches no estadio do Celta de Vigo, o club de fútbol do que son presidenta. Aquela noite vestiches a nosa camiseta celeste.
Esa lembranza segue moi viva entre a nosa afección. A túa imaxe coa nosa camiseta converteuse nun mito e forma parte desa historia do Celta que tamén se escribe fóra do terreo de xogo.
Moitos ven en todo isto unha simple anécdota. Pero a min gústame pensar que nada sucede por casualidade.
Aínda que non foi a única camiseta de fútbol que vestiches sobre un escenario, esa imaxe comezou a brillar doutro xeito co paso dos anos. Porque entendemos mellor o que defendías daquela: cuestionar o establecido e facer fronte a quen pretende dicirche o que podes ou non podes facer.
No club que presido recoñecémonos nesa maneira de estar no mundo.
Por iso temos a ilusión de atopar esta prenda. Esta procura non é un capricho; é un acto de memoria, é patrimonio emocional do noso club.
O vindeiro venres 6 de marzo queremos dedicarche un xesto de agarimo desde a nosa casa, o estadio de Balaídos. Será a partir das 20.45 h, antes do partido Celta - Real Madrid, coa intención de formularche con cariño esta pregunta:
Tela ti?
Se sabes onde pode estar ou queres axudarnos, por favor, contacta por mensaxe privada.
Con admiración,
Marián Mouriño Terrazo
Presidenta
Real Club Celta de Vigo