📸 | Onte presentamos o documental Cando xorden os monstros. Coñecer e confrontar o fascismo no século XXI, producido por @DSocialista_
Moitas grazas a todas pola vosa asistencia!
🚩 | CACHARELA
Vémonos o próximo martes, 23 de xuño, na cacharela. Este ano achegarémonos á cuestión nacional, cunha mesa arredor das experiencias no independentismo e unha charla sobre a postura comunista fronte á opresión nacional.
Teremos tamén cea, barra, foliada e concertos.
Onte, as rúas da Galiza pechan o mes de maio como o abriron: mobilizándose contra a guerra imperialista e o rearmamento.
Nos últimos meses impulsamos diversas dinámicas de loita para construír unha resposta socialista fronte a esta escalada. É un bo momento para facer balance👇
Hoxe non só houbo un desfile en Vigo. Houbo tamén fascistas increpando manifestantes e policías identificando e acosando a militantes.
Unha imaxe que retrata perfectamente o que alimentan e normalizan espectáculos como o de hoxe.
📽️ | CANDO XORDEN OS MONSTROS
Nas vindeiras semanas proxectaremos o documental producido por @DSocialista_ xunto con diversas actividades.
Garda a data e achégate!
Non esquecemos o aumento da vixianza policial, non esquecemos que se manteña un modelo que favorece o turismo masivo e aos empresarios, non esquecemos que se desafiuzasen Centros Sociais.
Ademais, sabemos o que toca en 2027: ano electoral! O BNG non pode arriscarse a perder unha masa de votantes preocupados pola “inseguridade” e a “suciedade” das rúas. Polo tanto, o que toca agora é mercar os discursos do Partido Popular e compañía.
En resumidas contas, Goretti Sanmartín afirma que a represión aos colectivos políticos se atopa como unha prioridade dentro da súa axenda.
Coa excusa da limpeza e do coidado da cidade, buscará intensificar (aínda máis) a presión sobre as que fagamos unha política independente.
Onte mobilizámonos centos de mozos en Santiago polo Primeiro de Maio, pero unha vez máis xornais como Nós e outros xeralistas decidiron silenciar a mocidade socialista. Un silencio que xa é atronador.
𝟏𝐌 | No Día Internacional da Clase Traballadora centos de mozos e mozas saímos ás rúas de Santiago de Compostela para lanzar unha mensaxe en contra da guerra imperialista e en favor do socialismo.
𝟏𝐌 | Centos de mozos e mozas saímos ás rúas de Santiago de Compostela contra a guerra imperialista e en favor do socialismo.
Non á guerra imperialista!
Disolver a OTAN e a UE.
Destruír o sionismo.
🚩Euskal Herriko 10.000 pertsonatik gora faxismoaren eta estatuen autoritarismoaren aurka mobilizatu gara.
Estatu autoritarioari Estatu Sozialista kontrajarri behar diogu, horretarako antolakunde komunista handiak eta langileon euste-horma eraikita.
GAZTE LANGILEOK BORROKARA!
⚫️ O Partido Popular ten responsabilidade na destrución ambiental dos últimos anos na Galiza. Debemos sinalar o papel dos políticos profesionais que coa súa xestión avanzan cara a un modelo que reduce a terra a unha fonte de beneficios para empresarios e propietarios.
⚫️ | O xoves 12 de febreiro, ás 18:00, celebraremos o noso entroido na Praza 8 de Marzo. Contaremos cunha charla sobre o capitalismo verde e concertos, cea popular, e barra.
Vémonos o vindeiro xoves 12 de febreiro!
Mañá sábado 31 de xaneiro estaremos a falar do capitalismo e as súas consecuencias naturais e da crise ecolóxica e as súas especificacións na provincia de Lugo
📍 Centro cívico Uxío Novoneyra
⏰ Ás 17:00h
Vémonos!
O outro día o SX de Gz Nova deu esta alarmante resposta nunha entrevista: «Creo que nunha Galiza ceibe gobernada pola extrema dereita viviríamos mellor que na Galiza actual». Os presupostos que levan a esta resposta son perigosos e amosan unha posición que debe ser confrontada.